La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es FEC-LUGARDETODAS.png
Escribe la leyenda…

1. Jorge Juan Suárez Fernández | 2. Xiana López Penedo | 3. Jesús Basterrechea López | 4. Saínza Ruíz Ferreño | 5. Rafael Ramón Rodríguez Martínez | 6. María del Mar Sobrín Sueiras | 7. Miguel Ángel Rodríguez Paz | 8. María Esther Estévez Fernández | 9. Victor Ledo Suárez | 10. Irene Fernández Lorenzo | 11. Manuel Castro Bouzas | 12. Rosario Alabau Albors | 13. Santiago Eloy Díaz Gómez | 14. Candela Díaz Rivas | 15.  Francisco Javier Permuy López | 16. Begoña García Hidalgo | 17. Juan José Oruezabala Romero | 18. Paula María Faraldo Casal | 19. Luís Victor Ruíz Rodríguez | 20. María Jesús Durán Rodríguez | 21. Francisco Javier Galán Pérez | 22.  Josefa Varela Fontán | 23.  Roberto Fernando Artabe Noya | 24.  María Eugenia Freire Frajardo | 25.  Fernando Miramontes Vázquez

Suplentes  1. Tomás Miranda García | 2. Ana Belén González Basanta | 3. Ricardo Ledo Suárez

PROGRAMA ELECTORAL

UN FERROL PARA VIVIR, 5

Urbanismo, 5

Vivenda  E Rehabilitación, 6

Mobilidade E Transporte Público, 6

Desenvolvemento Rural, 8

Obras e Servizos, 10

UN FERROL PARA OS COIDADOS, 11

Benestar, 11

Feminismo, 14

Medio Ambiente, 15

Benestar Animal, 16

Consumo, 17

UN FERROL PARA SER, 18

Deportes, 18

Cultura e Lingua Galega, 19

Educación e Universidade, 21

FERROL MOLA, 23

Patrimonio Histórico, 23

Turismo, 24

UN FERROL PARA O MAÑÁ, 25

Emprego, 25

Mocidade, 26

UN FERROL PARA TODAS, 27

Participación e Transparencia, 27

O pobo  é quen máis ordena

Ferrol, cidade de contrastes. Onde as clases non só se dividen entre xente sen as súas necesidades básicas cubertas, clases medias e meros especuladores de bens inmobiliarios, temos tamén cidadanía  da zona rural e da urbana, con diferente  prestación  de servizos, xente concienciada e que ama Ferrol e xente que despreza cada recuncho da cidade polo que pasa.

Ferrol precisa medidas políticas concretas, artelladas entre todas, en emprego, en benestar social, en urbanismo, en cultura e deporte. Ferrol debe facer do pazo municipal o motor do cambio; a inxección necesaria de autoestima que nos faga rexurdir coma exemplo de perseverancia e loita.

O ciclo 2015 – 2019 foi para Ferrol en Común unha loita constante, unha singradura pola brava  mar  da  marusía  da  política  da  baixa  estofa,  a  que  bombardea  e  desprestixia  a honestidade das que entregan a súa vida durante catro anos por un proxecto colectivo que sitúe ás persoas no centro. Crecemento  demográfico,  creación de emprego, que ninguén quede   atrás,   unha   cidade   para  as  persoas,   estes   deben   ser  os  nosos   obxectivos fundamentais; rigor, honestidade e realismo o noso método de traballo; alegría, constancia e esquerdas  as  nosas  armas.  Queremos  un  Ferrol  Rebelde  no  horizonte  2019  –  2023, queremos un lugar de todas.

Nós pulamos, coma sempre fixemos, polo diálogo, pola construción de abaixo a arriba, por antepor  Ferrol aos intereses  privados  e ás forzas  centrífugas  que deciden  sobre a nosa cidade noutros ámbitos políticos, sociais ou xeográficos non democráticos. E é por iso que avanzamos,  desenvolvemos  e presentamos  un proxecto de cidade, onde ti decides, onde oito anos de FeC estamos convencidas que o mudarán todo cun programa participado por entidades, agrupacións e persoas a título individual, continuación coherente e necesaria do traballo desenvolto no anterior mandato.

Un Ferrol para vivir

Urbanismo

O ciclo 2015 – 2019 foi unha pluralidade de proxectos e iniciativas que puxeron orde ao caos e caciquismo  imperante,  cun traballo  impoluto,  incansable  e incorruptible  pola persoa  ao cargo. Pese a que o pleno lle arrebatou as súas retribucións, continuou levando a cabo unha tarefa impecable, loitando por Ferrol, levando a cabo proxectos urbanísticos necesarios e requiridos, uns xa executados  e outros que se están a desenvolver.  No plano urbanístico Ferrol en Común propón:

§ Un urbanismo transparente e democrático. A cidade para as persoas.

§ Culminar e licitar os  proxectos desenvoltos: praza  de Armas,  pasarela  de Santa Mariña, rehabilitación integral de Recimil, mercado de Caranza, estrada de Pazos,  rúas  Espartero  e  Carmen  Curuxeiras,  reurbanización  do  espazo  do mercado da Magdalena.

§ Consolidar e elevar a aprobación plenaria dun  novo  plan PXOM (plan xeral de ordenación municipal), documento fundamental para construír a cidade que queremos ser,   unha cidade compacta no urbano e sostible e conservadora no rural, logo de atender todas as achegas dos colectivos que participaron na súa revisión.

§ Proseguir na  leal e  boa  cooperación  con  outras administracións  para  o desenvolvemento   das  liñas  actuais,   liñas  que  son  cruciais   e  estratéxicas: recuperar o Convenio de defensa do 2007; instar ao ministerio Defensa a abrir Ferrol ao mar, constituíndo unha mesa sectorial “Ola Ferrol” para acadar tal fin; instar ao Estado ao inmediato desenvolvemento sostible do estaleiro 4.0; dar cumprimento inmediato ao acordo do Congreso da cesión do edificio de Aduanas para a construción dun albergue de peregrinos, e así potenciar  Camiño Inglés; cooperar coa Xunta na xestión de Fondos Europeos para o Plan Director, que posibilite a remodelación completa do CHUF; continuar na senda do traballo conxunto para o crecemento completo do Campus de Ferrol, no centro e aberto á cidade; esixencia de dotación de obras orzamentadas paralizadas por intereses espúreos (como por exemplo o ribazo das Pías ou a urbanización do Sánchez Aguilera).

§ Impulsar proxectos estratéxicos en todos os barrios cos máis de 17 millóns de euros conseguidos no anterior mandato de subvencións e fondos europeos que faciliten a eliminación de tapóns urbanísticos que fagan a cidade compacta, como a conexión de San Xoán ou Santa Mariña, e a humanización dun Ferrol compacto, lugar de todas.

§ Proposta de urbanismo específica para a zona rural, centrada en beirarrúas e equipamentos, a desenvolver no primeiro ano de mandato de xeito participado e con dotación orzamentaria concreta.

Vivenda e Rehabilitación

Ferrol posúe un parque de vivendas municipal privilexiado, Recimil, coidémolo e poñámolo a disposición  das persoas  en lugar de propostas  desorbitadas  de derrubo  coma  houbo  no pasado por parte da dereita.

É evidente,  que logo de sucesivas  crises  do naval,  a vivenda  é un ben excedente  pero tamén, pola conxuntura socioeconómica, de difícil alcance en Ferrol. O deterioro crecente só pode frearse coa posta a disposición de políticas de rehabilitación firmes, abundantes que ademais de xerar emprego garantan un dereito básico. Tamén deben centrarse os esforzos en evitar os farragosos trámites administrativos que ralentizan a rehabilitación de vivenda. O concello debe ser o pegamento entre iniciativa pública e privada para garantir o acceso á vivenda,  compaxinar  a  rehabilitación  coa  nova  promoción,  articular  iniciativas  novidosas coma os pisos interxeracionais que fagan de Ferrol unha cidade viva pero que conserve a memoria. Ferrol  en común declara o dereito á vivenda coma un dereito fundamental.

§ Rehabilitación modular do interior de vivendas do barrio de Recimil para cumprir funcións de tipo social, vivenda universitaria e pisos tutelados.

§ Aplicación  das  axudas  de  Área  de  rehabilitación  e  rexeneración urbana   para Esteiro, A Graña, Ferrol Vello e A Magdalena.  Solicitude de declaración  de ARRU para Canido.

§ Solución con liñas de axuda con recursos propios e convenio co Instituto galego de vivenda e solo (IGVS) á conservación da parte degradada do barrio de San Pablo Catabois.

§ Potenciar  con máis  recursos  a actual  oficina de  rehabilitación e vivenda como núcleo en torno ao que se desenvolvan  non só as axudas públicas, senón tamén como punto de información de vivenda e desenvolvedora de proxectos para a rehabilitación de espazos degradados.

§ Impulsar o programa Rexurbe  en cooperación coa administración autonómica co fin da definitiva  recuperación  de Ferrol Vello, facilitando  a adquisición  de vivenda en Ferrol  Vello para rehabilitación directa e posta a disposición como aluguer social a menores de 35 anos. Rehabilitación da casa de Carvalho Calero.

§ Dotar   de  máis  medios  persoais  ao  departamento  de  disciplina  urbanística  e licenzas, co fin de axilizar as licenzas, permisos, subvencións e axudas.

§ Facilitar, asesorar e priorizar as obras que faciliten a accesibilidade e rehabilitación enerxética das vivendas construídas.

Mobilidade e Transporte  Público

A disposición de rúas e barrios non ten máis función que servir ás persoas. A irrupción do vehículo  no  século  XX  foi un  avance  social,  pero  serviu  de  irrupción  violenta  contra  os dereitos da infancia, da mobilidade sostible, de xogar na rúa, mercar nos comercios de proximidade  e  socializar  e  interactuar  colectivamente  en  lugar  dun  illamento  social  e tecnolóxico ao que nos aboca a sociedade do futuro.

Ferrol precisa sorrir, e o único modo de espertar o sorriso é nunha vida plena, nun entorno amable,  nunha  oportunidade  de ser feliz,  e iso só é posible  coa comunicación,  social  e física.

É por iso que Ferrol en Común aposta por unha mobilidade sostible, por unha peonalización que comezou o seu camiño no mandato do 2015 nas rúas Real, María e Pardo Baixo, e precisa estenderse a toda a Magdalena, Ferrol Vello e Canido. Facer de Ferrol un modo de vida.

Pero tamén comunicarnos co comercio exterior. Unha cidade illada está condenada a un ser unha balsa de pedra no medio do océano. Precisamos infraestruturas que nos conecten co país, que poidamos exportar ferrolanismo portas cara fóra, encher o país da nosa riqueza cultural e socioeconómica.

§ Dar   cumprimento  ao   Pacto   da   mobilidade,  aprobado   en  pleno  no  anterior mandato.

§ Actualización, revisión e aprobación do documento do Plan de Mobilidade e Espazo Público de Ferrol (PMUS)  para acadar un consenso sobre os principais obxectivos e metas nas relacións entre os diferentes modos de transporte e as persoas na nosa cidade.

§ Incrementaremos o orzamento para o transporte interurbano, en diálogo co resto de concellos e Xunta de Galicia. Non se pode entender un transporte dende dentro das   fronteiras   municipais,   polo   que   estudaremos   de   xeito   mancomunado   e participado  o mellor  servizo,  con  liñas  e horarios  eficientes  para  evitar  o uso  do vehículo privado. Na atención urbana comunicar barrios como San Xoán ou Ferrol Vello cos centros sanitarios e fomentar microbuses de acceso ás zonas peonís. Este incremento orzamentario permitirá bonificar colectivos con dificultades para o uso do transporte público (a día de hoxe os menores de 18 anos non pagan) e estendelo a maiores, desempregados, vítimas de violencia de xénero. Facilitar a chegada do transporte público aos grandes centros de concentración de traballadores (Navantia, CHUF, polígonos industriais).

§ Facer  cumprir a ordenanza de terrazas  aprobada no mandato FeC, que permita compatibilizar a ocupación de espazo co dereito ao tránsito.

§ Peonalización  total  do  barrio  da  Magdalena,  con  alternativas  de  circulación,  e atención ás demandas da peonalización nos barrios de Canido e Ferrol Vello.

§ Aprobación dunha  ORE (ordenanza de regulación de estacionamento) realista, que beneficie a toda a sociedade e non a intereses particulares, coa posible implantación, escoitando ás zonas afectadas e expansiva a toda a cidade, como en todas as grandes cidades galegas, dun sistema de aparcamento de pago.

§ Continuación na creación de aparcadoiros disuasorios, como o da rúa Alegre ou o do CHUF (complexo hospitalario universitario de Ferrol), proxectados no anterior mandato, co fin de xerar alternativas a aparcar diante do noso lugar de destino.

§ Impulsar a estación intermodal, de trens e autobuses no espazo actual da estación de renfe, aproveitando os espazos abandonados para a creación de espazos verdes e  edificios  de  fin  social.  Unha  estación  intermodal  que  non  sexa  unha  mera

infraestrutura, senón que acompase horarios de trens e autobuses públicos co fin de conciliar horarios laborais e escolares das persoas da comarca que veñen a Ferrol (bus a Navantia, Río do Pozo, etc.).

§ Avanzar   na   mellora  do   servizo  conveniado  con   Narón   de   utilización  de bicicletas públicas e dotar de novas infraestruturas,  logo de lograr a mellora  do tramo de Caranza, implementar a conexión por carrilbici de Caranza – A Malata que permita circunvalar a cidade, cunha posterior actuación A Malata – Esteiro a través dos fondos Edusi.

§ Demandar o inicio das obras inmediato por parte do Estado da mellora da conexión ferroviaria Ferrol – A Coruña  e mellora da vergoñenta situación do FEVE.

§ Formación: campañas de sensibilización dos beneficios de camiñar, de respectar o medio ambiente, de socializar e facer vida na rúa, en definitiva de abandonar os vehículos para facer vida en común, campañas como A rúa é túa ou A vila do mañá, e, sobre todo, a implantación de rutas para a infancia cara ao colexio, os Camiños escolares seguros.

§ Accesibilidade: Ferrol en Común non deixa a ninguén atrás, logo de cinco fases e un millón de euros investidos en facer accesibles máis de mil pasos peonís, en colaboración  con entidades  de diversidade  funcional,  cómpre  seguir  avanzado neste exercicio pioneiro e exemplar para outras cidades. Complementalo coa aprobación  definitiva  da ordenanza  de accesibilidade  xa redactada  e medidas que permitan calquera acceso a un centro público sen trabas físicas, así como bonificar as taxas que melloren o acceso a inmobles privados son obxectivo de todas.

§ Instar  á eliminación da peaxe da AP9 Ferrol-Coruña.

§ Instar  ao  desbloqueo inmediato da  Vía de  alta  capacidade que vertebre  o territorio polo norte.

§ Mellora  da  accesiblidade  a  través  da  creación  dun   Consello  Local   de Accesibilidade,  facilitar  o  uso  de  eurotaxis  a  persoas  con  discapacidade  e vixilancia e control das prazas reservadas a eses colectivos e o uso fraudulento das tarxetas de aparcamento.

Desenvolvemento Rural

A zona rural de Ferrol supón o dez por cento do censo electoral, apenas sete mil persoas, cunha  extensión  territorial  que multiplica  por moito  a da zona  urbana.  Esa peculiaridade situou  nunha  zona  de  confort  aos  diferentes  gobernos  municipais,  con  excepción  dos albores da democracia, cuxos gobernos levaron o saneamento e outros servizos con grande mérito á zona rural.

Este desleixo converteu á zona rural nun espazo para habitar por cidadanía de segunda, coa mesma  tributación  pero servizos  moi deficitarios,  orixinando  unha despoboación  que non se corresponde  cos nosos  recursos  naturais,  que deberan  ofrecer  un atractivo  para asentar poboación neste entorno privilexiado.

Pero  a  zona  rural  non  é  unicamente  transporte,  beirarrúas  ou  saneamento.  Tamén  é preservar  a memoria,  protexer  o patrimonio  material  e inmaterial,  que se tratará   noutro punto  do  noso  programa,  pero  non  podemos  obviar  que  Ferrol  en  Común  acadou  algo histórico, que debe ser pedra de toque para o tratamento do rural: logo de décadas de loita, dun  libro  negro,  de  promesas  baleiras,  este  goberno  conseguiu  unha  ordenanza  que permitirá aos veciños e veciñas a xestión integral dos Montes do Cha como monte comunal, e poñer en valor zonas como o castro de Esmelle, grazas á leal e persistente colaboración da concellaría correspondente, e ese debe ser o camiño, diálogo e propostas concretas para non categorizar en cidadáns de primeira e de segunda en función do lugar no que vivan de Ferrol.

§ Reiniciar o programa +Rural, xuntanza mensual do goberno coas AVV da zona rural, dándolle unha nova perspectiva, máis plural e participada, coa integración doutras entidades sociais, de mulleres e asembleas abertas e participadas, sen constrinximento a materias de servizos e obras puntuais, se non abrindo tamén a temas estratéxicos da zona rural.

§ Dotación anual dunha partida de medio millón de euros para o saneamento da zona rural.

§ Creación dunha  unidade policial especializada na  zona  rural, con atención especial  á  vixilancia  do  mantemento   e  cumprimento   dos  requirimentos   do concello en materia de conservación de fincas privadas, e dun estrito control da impunidade  na  actividade  salvaxe  de  certos  madeiristas  cos  viais  e  medio ambiente.

§ Compromiso  plenario  de  aplicar  todo   o  Plan   de  obras   e  servizos  da Deputación, próximo ao millón de euros anual, á mellora de infraestruturas  da zona rural, tales como aglomerados en viais abandonados, adquisición e mellora de equipamentos, tales como marquesiñas ou bens patrimoniais, como a escola Tomás Serantes ou a pista polideportiva de Mandiá.

§ Plan   de   seguridade  para   a  zona   rural.  Cun  censo   de  viais  perigosos, instalación de bandas rugosas e radares, plan de urbanización de viais con beirarrúas, tal e como se fixo en Pazos ou no tramo de Serantes – A Cabana, debatido e construído a través do +Rural.

§ Extensión   de   actividades   á   zona   rural  de   índole   social,   cultural,   de recuperación da memoria, tecnoloxía e protección do medio ambiente, como se tratará noutros puntos do programa.

§ Control  de   vertedoiros  incontrolados   cunha   maior   supervisión   policial, incremento de sancións acompañado dunha campaña informativa sobre o punto limpo da cidade.

§ Desbroce regular coa combinación do actual contrato de desbroces e a dotación de programas de emprego transitorios para novas oportunidades á mocidade que dean formación e salario mínimo interprofesional, ademais dese servizo imprescindible de mantemento ao longo do ano.

§ Facilitar con bonificacións o baleirado de fosas  sépticas a aquelas zonas sen saneamento,  ofrecendo  a  baixo  custo  os  servizos  da  empresa  municipal  de augas.

§ Favorecer  a  renovación da  vivenda rural  e  a  súa  mobilización, creando bolsas de aluguer a través de servizos públicos municipais integrados na páxina web do concello de Ferrol.

Obras e Servizos

A macroárea de obras e servizos supón unha atención directa e constante á veciñanza, que, no seu lexítimo dereito, quere diante do seu domicilio unha beirarrúa, saneamento, punto de luz  e  estrada  en  perfecto  estado,  ademais  dos  oportunos  colectores  de  lixo,  a  limpeza prístina  do  entorno  e  o  abastecemento  de  auga  ininterrompido.  É  obriga  do  concello satisfacer esa demanda de todos e cada un dos habitantes, e así tratou de facelo esta concellaría, cun programa participado de abaixo a arriba, chamado Barrio a barrio + cidade, onde se recollían as propostas da veciñanza canalizadas a través das AVV e se lles daba traslado ao concello cunha posterior reunión de balance de actuacións.

Ante a carencia de persoal e a amplitude da área convén tomar medidas radicais, que solucionen a raíz do problema gañando en eficacia e eficiencia, cunha mellor xestión dos recursos e dos modelos de prestación dos servizos.

Unha das pedras de toque dun goberno  de esquerdas  é a municipalización  de servizos, Ferrol en Común avanzou neste aspecto no servizo de socorrismo (máis de 50 empregados) e  na  xestión  de  determinados  centros  culturais  (Torrente  Ballester,  Centro  cívico  de Caranza),  pero  non  renunciamos  a  que  grandes  servizos  poidan  selo  tamén,  sendo conscientes de que se precisa un ciclo amplo de goberno para chegar a un bo fin.

§ Unificación das  áreas  de urbanismo e obras  e servizos, co fin de compartir recursos técnicos e metodolóxicos no tratamento dos problemas físicos da cidade que respira.

§ Municipalización do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria. Non é un obxectivo utópico, se non que vén avalado pola intervención municipal, por informes do tribunal de contas e contrastado como modelo máis eficiente para a prestación de servizos.

§ Control estrito e rigoroso das empresas que prestan servizo ao concello ou dos      medios   propios   coma    emafesa:     iluminación    pública,    desbroces, abastecemento e saneamento, con auditorías anuais independentes, controis externos e vixilancia tanto no cumprimento da prestación do servizo contratado como no respecto ao cumprimento dos dereitos laborais.

§ Dotación  de  novos  parques  infantís,  e  conservación  dos   actuais,  coa cobertura permanente  do parque infantil do Inferniño, para crear unha zona de lecer permanente, potenciando os xogos tradicionais que evite a encapsulación da infancia nas novas tecnoloxías o a cultura do centro comercial.

§ Progresiva instalación de luminarias con tecnoloxía O-Led para todos os barrios que mellore a eficiencia e o respecto polo consumo na iluminación pública.

§ Incrementar  os  medios  humanos  e  materias  para  a  cuadrilla  de  obras municipal, altamente cualificada para actuar dende a función pública en obras menores  de  reparación  e  reposición,  diversificando  o  seu  traballo  en  dúas brigadas, unha no urbano e outra no rural, que atenda á limpeza de praias e mantemento de viais.

§ Mellora da calidade das  augas,  cun investimento  decisivo na ETAP (estación transformadora de auga potable) e no encoro das Forcadas, procurando a colaboración de Augas de Galicia, ante unha instalación obsoleta e que a medio prazo pode supor un problema de contaminación grave.

§ Implantación  da  tecnoloxía  necesaria  para  mediante  unha  simple  imaxe  dun móbil  a  través  dunha  aplicación  móbil  o  concello  poda  dar  resposta  a  un problema puntual de servizos, con contacto áxil e permanente coa cidadanía.

§ Proxectar   e   planificar   un   plan    decenal   de   mellora   de   infraestruturas municipais,   tanto  viais  como  bens  inmobles   (pavillóns,   bibliotecas,   centros culturais) cuantificado e viable para o seu desenvolvemento.

§ Mellorar os actuais servizos que se prestan sen contrato neste momento, co fin de completar as actuacións que están fóra do seu ámbito e incluír cláusulas sociais que protexan os dereitos da clase traballadora: parques e xardíns, punto limpo, servizo de control de pragas.

Un Ferrol para os coidados

Benestar

Ferrol  en  Común  naceu  cunha  premisa  fundamental:  os  coidados  mutuos,  o reparto  da riqueza,  a  xustiza  social.  Nesta  tesitura  non  podemos  considerar  ningunha  área  tan importante como a de benestar social. Para que ninguén quede atrás é necesario recuperar o contrato  social do que falaba  Rousseau,  de forma que a conxura  dos gobernantes  en alianza con entidades, traballadores sociais e o exército de voluntarias que quere un Ferrol mellor faga un esforzo denodado por facer cada vez máis innecesaria esta área, e poidamos centrar os nosos esforzos na creación de emprego, mellora de servizos e ofertas de lecer.

En tanto isto non suceda somos conscientes de que un de cada cinco ferroláns está en risco de pobreza. Inasumible  nunha sociedade  que se di democrática  e moderna. A extensa e prolífica  actividade  política  desenvolta  por  esta  concellaría,  conseguiu  paliar  o  impacto dunha  cidade  envellecida   e  sen  expectativas   tras  os  intentos,  frustrados   grazas  ás mobilizacións  obreiras, de desmantelamento  do sector naval. É polo tanto a nosa aposta global, multidisciplinar e transversal.

§ Axilizar   os   mecanismos   de   urxencias   sociais,   para   evitar   situacións dramáticas,   seguindo  con  programas   Solidarízate,   Habita,  Arrouparte   ou  o convenio para evitar a pobreza enerxética.

§ Implementar propostas que complementen toda esta liña de actuacións como os pisos tutelados,  protocolos  pautados  que salten a burocracia  administrativa  en caso de emerxencia, e política de pobreza  cero na cidade de Ferrol.

§ Aumentar os recursos para infancia e xuventude,  continuando co incremento e progresividade na dotación orzamentaria para bolsas sociais de libros, material escolar, comedores e todos aqueles recursos que permitan a igualdade e o desenvolvemento pleno como persoas aos menores.

§ Expandir o modelo proinfancia e sociocomunitario de  Recimil a todos os barrios da cidade, con recursos propios ou conveniados, cun mapeo das necesidades que permita a detección e non estigmatización do maior número de familias sen as súas necesidades básicas cubertas, con accións plurais a través de educadores sociais, animadores socioculturais e mediadores, ademais da oportuna dotación de recursos.

§ Loita  contra a soidade dos  maiores. Ademais de fomentar a axuda no fogar por concorrencia  e atención á dependencia,  promover  pisos interxeneracionais do parque público, dinamizar a vida social a través dos cinco comedores senior e trasladar o de Caranza ao novo mercado, talleres de memoria, actividades mixtas maiores/infancia, como roteiros, transmisión oral de tradición e outras iniciativas.

§ Instar  á Xunta  á construción de residencias de maiores públicas de xestión directa e non especulativa.

§ Instar á Xunta a cooperar coa Fegamp e o concello de Ferrol para unha Renda Básica Universal, que supere o ríxido marco do Risga e outros subsidios, unificándoos   e  simplificando   os   seus   trámites,   de   xeito   que   unha   renda equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional quede garantida.

§ Promover a  Casa  solidaria como   centro de  recursos sociais  e  lugar de encontro  de  entidades  sociais  onde  podan  levarse  a  cabo  seminarios  e encontros para fomentar a sensibilización e o voluntariado.

§ O colectivo de persoas migrantes supón un censo que supera o 3% da poboación de Ferrol. Un colectivo de por si marxinado, precisa de canles de participación e inclusión,  con políticas  de discriminación  positiva,  ademais  da oportuna pedagoxía integradora e respectuosa, sen consentir ningunha marxinalidade ou sobreexpolotación, nin barreiras no acceso ao sistema educativo, á vivenda ao mercado laboral ou ao goce do tempo de lecer, para o que Ferrol en Común fornecerá a oficina de atención ás persoas migrantes onde se ofrecerá orientación  e  formación,  así  como  políticas  de  concienciación  baseadas  no respecto e a tolerancia.

§ Compromiso  para  considerar  a  inclusión  das  necesidades  de  colectivos  con especiais dificultades como vector transversal de atención preferente en todas as liñas de acción política.

Reforzar a rede de servizos sociais comunitarios básicos.

§ Creación  das  UNIS  (Unidade  de  traballo  e  educación  social  e  unidade  de intervención  social)  cun  psicólogo/a  por  cada  7.000  habitantes,  con descentralización da atención en todos os barrios.

§ Adecuación dos  equipamentos de  centros municipais de  servizos sociais coa  inclusión  de  salas  de  actividades,  onde  sexa  posible  situalos  en  centros cívicos.

§ Potenciar o Sistema Local de Servizos sociais coa posta en funcionamento  de Ferrol  en  Rede  Social: apoiar á iniciativa  social sen fin de lucro e establecer canles   de   colaboración   estables   (apoio   técnico   municipal,   de   recursos   e económico estable).

§ Priorización  da   inserción   sociolaboral   de   colectivos   vulnerables  coa creación dun equipo de inclusión que inclúa figuras de preparadores/as laborais.

§ Potenciación da  Oficina de  atención á dependencia que  aglutine  todos  os servizos que teñan que ver con esta área de intervención: axuda no fogar, banco préstamo axudas técnicas, xantar na casa…

§ Rematar a configuración  de centros de día: creación de pequenos centros de día municipais de barrio con capacidade para 12-15 persoas coordinados pola oficina de atención á dependencia.

§ Creación dun  Servizo de Emerxencias Sociais que funciona as 24 horas en coordinación coa policía local, protección civil e servizos sociais.

§ Aplicar o  enfoque de  Inclusión Activa non  asistencialista, garantindo  que calquera persoa en pobreza ou exclusión dispón, no prazo máximo de 10 días hábiles,  dunha  profesional  de  referencia  que  facilite  o  seu  acceso  áxil  ás prestacións sociais e ao emprego.

§ Creación   dun  servizo de  orientación  xurídica específico para  colectivos vulnerables, impulsando a incorporación e participación destes colectivos nas entidades e organismos que as representan.

§ Fomentar a participación social e política das persoas con  dificultades coa incorporación das mesmas ás listas de forma que o compromiso dos distintos partidos e agrupacións políticas se manifeste non só en cuestións programáticas, senón tamén nas persoas que, como responsables políticos, teñen que levalas a efecto.

§ Garantir  o  respecto  á  dignidade  das   persoas  en  risco  de  pobreza   ou exclusión.  Fomentando   a   súa   participación,   dándolles   voz   e   difundindo mensaxes positivas de logros, situacións de autonomía e empoderamento das persoas e as súas problemáticas sociais, non illadas. Realizar actuacións de formación e implicación da cidadanía.

§ Mellora   dos   servizos   sociais   municipais   reforzando   a   actuación   das/os profesionais e os recursos destinados á atención de persoas con vulnerabilidade, mellorando a coordinación dos distintos servizos e recursos.

§ Creación   do   Observatorio   de   Intervención   en   Dereitos   Humanos   e necesidades sociais.

§ Elaboración  dun Plan  municipal da Saúde  que promova a vida saudable das persoas.

§ Crear  mecanismos  de  coordinación  entre  administracións  públicas,  entidades responsables da promoción da saúde e tecido asociativo de ámbito municipal que garantan unha cobertura sanitaria adaptada ás necesidades das persoas con vulnerabilidade.

§ Implementar,    en   colaboración    coas   administracións,    entidades    e   tecido asociativo,   campañas  de   sensibilización,   prevención  e   formación  das persoas con necesidades sociais.

§ Apoiar medidas para loitar contra a discriminación por calquera orixe.

Feminismo

Ferrol en Común proclama que a transformación social será feminista ou non será. A loita contra o patriarcado, a sonoridade, o empoderamento e loita fraterna das mulleres que eclosionou  nas  rúas  nos  últimos  anos  no  8  de  marzo  debe  consolidarse  na autoorganización, pero tamén no estímulo de políticas públicas de loita contra o machismo e a violencia derivada deste, contra a fenda salarial, a prol da diversidade e liberdade, na construción de redes de axuda mutua e, por suposto, na colaboración e potenciación de entidades de mulleres, tanto no ámbito urbano coma no rural.

Ferrol  en  Común  ten  entre  os  seus  documentos  aprobados  en  asemblea,  ademais  dun código ético e este programa, un documento completo de feminismos, que recolle a obriga dos cargos públicos de orientar e facer das políticas de todas as áreas instrumentos para a loita pola igualdade, considerándoo non unha área en si mesma, senón unha ferramenta transversal que asolague de feminismo a nosa cidade en todas as súas políticas públicas.

§ Desenvolvemento e aplicación do regulamento do Consello sectorial municipal de igualdade, feminismos e diversidade.

§ Programas de prevención da violencia machista, seguindo a senda de Ferrol en Negro dende idades temperás.

§ Promoción da conciliación e coeducación, con programas como PequeEduca en igualdade e outros semellantes.

§ Posta  en  valor do  feminismo a través  de  iniciativas  como  Ferrol  en  Lila,  a revista Machina e documentar a memoria das nosas maiores escurecida polo patriarcado.

§ Incremento dos  orzamentos municipais dedicados á concellería da muller, co fin de romper os teitos de cristal e poder  converter a Casa da Muller en epicentro do empoderamento feminino.

§ Dotar  de máis recursos persoais e materiais á Casa de acollida municipal, co fin de ofertar unha atención integral ás súas usuarias que lles permita afrontar un novo proxecto de vida, a través da asistencia social, xurídica e psicolóxica, así
como  unha  política  de  inserción   laboral  que  permita  un  desenvolvemento autónomo como mulleres libres.

§ Ferrol en Común loitará para facer realidade o dereito a que se practique na nosa

área sanitaria e no ámbito público as interrupcións voluntarias do embarazo, sen consentir regresións no dereito ao aborto.

§ Crear a Escola de empoderamento feminista, de carácter itinerante: favorecer a visibilización  e  a  participación  das  mulleres  e  mozas  de  colectivos  con necesidades sociais.

§ Revisar o  protocolo de  prevención e denuncia do  acoso  sexual e moral; continuar coa aposta por usar unha imaxe e unha linguaxe igualitaria nas accións municipais de comunicación.

§ Incorporar a perspectiva de vulnerabilidade a todas as políticas, estratexias, programas  e  accións  en  materia  de  igualdade  de  xénero  e  promoción  dos dereitos das mulleres.

§ Estender  os  Obradoiros  de  igualdade  e  corresponsabilidade  dirixidos  ao alumnado dos centros   educativos. Crear Obradoiros de homes interesados en abrir  un  espazo  de  reflexión  vivencial  que  facilite  a  transición  necesaria  para acadar unha igualdade real entre mulleres e homes.

Medio Ambiente

Ferrol é un concello libre de agresións urbanísticas nas zonas costeiras, a inmensa labor e entidades  como  a  SGHN  (Sociedade  galega  de  historia  natural),  Verdegaia  ou  Adega, logrou preservar gran parte do noso patrimonio medioambiental. Porén sufrimos a praga da eucaliptización, proclamándose no mandato 2015 Ferrol coma cidade libre de eucaliptos. Os poucos  espazos  de fraga  autóctona  deben  ter unha  protección  especial,  a flora e fauna merecen o respecto institucional suficiente que blinde eses espazos privilexiados fronte á depredación da especulación madeirista, urbanística ou de turismo agresivo.

A  combinación  dunha  técnica  de  medio  ambiente,  a  necesaria  cobertura  da  praza  de enxeñeiro  forestal, e a activación  da patrulla da policía local experta en medio ambiente, xunto cos mecanismos de ordenanzas e regulamentación estrita cun modelo de sancións exemplares,  deben  ser  os  mecanismos  que  sirvan  de  freo  á  tendencia  a  desprezar  e espoliar   os   nosos   recursos   naturais.   Pero   tamén   a   formación,   como   a   necesaria colaboración   con  entidades  ecoloxistas  para  concienciar  á  sociedade  ferrolá  do  que debemos poñer en valor para ter un planeta saudable, sostible e non agredido.

O  movemento  Friday  for  future,  do  que  foi  partícipe  a mocidade  ferrolá,  supuxo  abrir  a xanela á esperanza, o compromiso de mozas e mozos de instituto para saír á rúa e berrar contra a contaminación  e o cambio climático, deben ser o facho que ilumine a acción de goberno de Ferrol en Común en materia medioambiental.

§ Incluír  na  modificación  do  PXOM  a  protección  de  espazos   de  especial relevancia  ambiental  e,  en  tanto  isto  non  suceda,  incoar  o  expediente  de protección  ENIL   (Espazos   naturais   de   interese   local)   para   a   Fraga   de Menáncaro, o Souto de Monte Fontelo, a Fraga da Pega, a Carballeira da Casa
do Monte ou o Acivreiral de Covarredeiras. Incluír na protección a flora e a fauna autóctonas.

§ Catalogar e inventariar os humidais ferroláns, como o rego de Doniños ou as turbeiras do Coto de San Xurxo para identificar e protexer cos mecanismos legais autonómicos.

§ Erradicación de especies exóticas invasoras. Articular un plan de erradicación mancomunado para un control efectivo, coa integración nunha mesa sectorial da Xunta de Galicia e as entidades ecoloxistas.

§ Recuperación ambiental dos  areais de interior (Caranza, praia do Olmo e dos Curas, etc.).

§ Eliminación do  emprego de  herbicidas por  parte  do  concello e sustitución destes por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes.

§ Realización de cursos formativos de fomento da agricultura ecolóxica, libre de químicos, favorecendo a sustentabilidade e conservación da biodiversidade.

§ Promover un “Concello Verde” nas instalacións municipais, e seguir a traballar nos  compromisos  do  decálogo  da  oficina  verde  dentro  do  Programa  Ferrol  + Sostible.

§ Seguir  apostando  pola  Aula  de  Ecoloxía  Urbana   como  polo  dinamizador, formativo  e  de  sensibilización  para  nenos  e  adultos  respecto  do  coidade  do medio ambiente.

§ Traballo  cos   centros  educativos  para  afondar  en  valores  relacionados  co coidado do medio ambiente.

§ Establecemento de convenios e programas de colaboración coas entidades ambientais e divulgativas da cidade.

§ Voluntariado  ambiental en  colaboración  coas  entidades  ambientalistas  e  de divulgación neste eido, que conxugue a formación e a acción social.

Benestar Animal

Ferrol  é  unha  cidade  con  10.000  cans  rexistrados,  un  por  cada  sete  habitantes.  A  iso súmanse  as colonias  felinas,  os gatos  domésticos  e outras  especies.  A colaboración  de Libera  na  redacción  do  programa  de  2015,  e  o  impulso  desta  concellaría,  en  íntima cooperación coa xefa de gabinete e as entidades ecoloxistas, facilitou a publicación dunha ferramenta  fundamental,   a  Ordenanza  de  protección  animal,  programas  exitosos  nas escolas como o Canvivindo, ou un maior control do refuxio mancomunado de Mougá.

Cómpre seguir avanzando na loita contra as agresións aos animais e impoñer penas máis severas a estas actitudes. Ferrol é unha cidade libre de circos con animais e touradas, na que tamén está prohibida a exhibición de animais en escaparates comerciais,  por instancia deste  goberno,  Ferrol  quere  ser  unha  cidade  amigable,  respectuosa  cos  animais  e  que garanta espazos de desenvolvemento e liberdade para as persoas e animais que conviven en harmonía.

§ Programa de mellora dos  parques para cans,  actuacións dos recintos actuais tanto nos xogos como nos servizos, apertura dun por barrio e crear na enseada da Malata unha gran área recreativa canina, punto de encontro e socialización. Seguiremos traballando para abrir outros espazos como a Praia de Cans, co consenso necesario para desenvolvela entre entidades ecoloxistas, veciñais e animalistas,  sen caer na inmediatez que demandan os impactos mediáticos de fácil consumo.

§ Traballo  no  cento   escolar  de  sensibilización  na  convivencia,  o  bo  trato animal e contra o maltrato (Canvivindo).

§ Control de colonias felinas a través  do método CES (captura, estirilización e solta), para un control máis ético e humano das colonias de animais urbanos, sendo eficaz e incruenta.

§ Plans   trimestrais  de  diversas  temáticas  vinculadas  co  benestar  animal (adopción, contra o maltrato, campaña de marcación co chip, de coñecemento da canceira, realizar un torneo agility, etc).

§ Permitir o acceso de mascotas ao transporte público.

§ Creación dunha Oficina Municipal de Atención Animal, que forme, informe e desenvolva programas de adopción, integrando a asociacións protectoras que coordinen o traballo do voluntariado, e posibilite a súa participación no paseo e fomento da adopción dos animais que se atopen no refuxio de Mougá, que sirva de asesoramento á Policía Local respecto á forma de actuar ante situacións extremas (cans abandonados, maltrato animal, etc.).

Consumo

Poñer en marcha unha estratexia global de fidelización e dinamización dos  mercados locais.

Crear unha marca paraugas “Mercados de Ferrol” que abranga os tres existentes, cunha identidade corporativa común.

Potenciar a presenza e promoción da marca “Mercados de Ferrol” con campañas de difusión online e offline.

Crear unha plataforma de venda online para que os/as praceiros/as que o desexen poidan vender a través desta canle.

§ Reforzar   a  OMIC  (oficina  de  atención  ao  consumidor  sita  no  Mercado  da

Magdalena) para dotala de todo o preciso para o seu óptimo funcionamento.

§ Activar   campañas   en  períodos   estivais   e  outras   datas   para  potenciar  o consumo local.

§ Revisar a ordenanza municipal para que nos mercados  se podan establecer diferentes establecementos de hostalaría.

§ Facilitar a cesión e uso  dos  postos baleiros nos  mercados, simplificando ao máximo os trámites e tempos administrativos.

Un Ferrol para ser

O desenvolvemento persoal a través da cultura, do deporte, da educación en todas as súas formas, da lingua, é a mellor forma de percorrer o camiño do individual o colectivo, do coñecemento ao respecto, do estar ao ser. Ferrol en Común aposta e apostou por potenciar dende  a infancia  o desenvolvemento  como  persoas  a través  do lecer  e enriquecemento persoal na cultura e historia social para o progreso como sociedade.

Deportes

A riqueza deportiva de base é de elite na nosa cidade eclosionou nos últimos catro anos en forma de éxitos en múltiples disciplinas a nivel nacional, de forma individual, pero sobre todo colectiva.

Estes  éxitos  non  se  corresponden,  por  desgraza,  co  estado  decadente  de  todas  as instalacións deportivas da cidade, construídas nas dúas últimas décadas do século vinte e condenadas ao abandono por falta investimento. Neste mandato fixéronse labores de actualización   de  instalacións   importantes,   como  o  cambio  de  iluminación,   cuberta  e pavimento do pavillón da Malata, o cambio da caldeira na piscina de Caranza, ou a mellora da praia da piscina da Malata. Aínda con todo é insuficiente, e precísase unha planificación a longo prazo, xa exposta no apartado de obras de investimentos  e financiamento  para a mellora do xa existente, aspirar a novas infraestruturas neste eido sería sobordar as necesidades pola poboación de Ferrol, o cal sería un derroche.

Por outra banda a proliferación  de clubes que reciben unha subvención  nominativa  é, no campo administrativo, unha actividade contra natura, que se vén mantendo dende o inicio da democracia. Ferrol en Común está disposto a dar un paso valente, e mudar nominativo por concorrencia,   para  fomentar  o  deporte  de  base,  evitar  discrepancias   entre  clubes  e equiparar, con métodos obxectivos e baremables a correcta administración dos recursos públicos.

Por  último,  o  concello  de  Ferrol  non  pode  ser  mero  testemuño  das  actividades  que desenvolven os clubes. Ademais de impulsar, como vén facendo a Adolfo Ros, a carreira noctura, travesías a nado, e múltiples actividades, debemos volver ao deporte na rúa, en espazos naturais que debemos poñer en valor, e prestar especial atención a colectivos en risco de exclusión.

§ Impulsar  o  deporte  base  en  todas  as  disciplinas  deportivas,  procurando  o necesario equilibrio entre referentes das elites co necesario apoio á infancia no exercicio da actividade física a través dos clubes da cidade.

§ Revisión do  modelo de  subvencións nominativas,  establecendo  un plan  de catro   anos   para   mudalo   a  subvencións   por  concorrencia,   máis   xustas   e equilibradas.

§ Integrar  os   espazos   deportivos  no   plan   de  obras   para  a  súa  mellora, adecuación e mantemento.

§ Seguir  apostado  pola  plena   igualdade  entre  mulleres  e  homes,  tanto  no exercicio da actividade coma nos posibles premios por resultados

§ Creación dunha mesa sectorial de deportes, que emule o antigo Padroado, que sirva de diagnose e solucións propositivas para o desenvolvemento  do deporte en Ferrol.

§ Punta  Arnela como  referente deportivo: neste mandato activáronse as naves

1, 2 e 3 como centros de adestramento, pulamos por reforzalos e acondicionalos cunha mellora substancial que estabilice ese proxecto.

§ Promoción   do  deporte  como   actividade  saudable,  creación   de  roteiros, parques   biosaudables   e  ximnasios   a  ceo   aberto   con   paneis   informativos coordinados co servizo de cardioloxía do CHUF que indiquen as vantaxes da actividade deportiva e consellos para a súa práctica.

§ Cooperar con entidades sociosanitarias para a inclusión no deporte de todos os colectivos con diversidade funcional.

§ Potenciar as rutas de sendeirismo existentes e todas as actividades deportivas en espazos  naturais, cun mantemento adecuado a través da cuadrilla de obras da     zona    rural,    e   creación    de   novas    infraestruturas    sinxelas    para    o desenvolvemento de deportes urbanos.

§ Establecer xornadas de deporte na rúa, que achegue a toda a sociedade, con independencia da idade ou condición, os beneficios para a saúde da práctica deportiva.

§ Potenciar   A   Cabana    como    centro   de   deportes   náuticos,   cun   forte investimento  que  lle  dea  perdurabilidade.  Conveniar  coa  Autoridade  Portuaria máis  puntos  de  atraque,  para  combater  a  realidade  de  Ferrol,  punto  negro europeo en servizos náuticos.

§ Asesoramento xurídico-técnico permanente para as entidades, dende a súa creación  ata a presentación  das xustificacións  en materia  de subvencións,  así como regularización da cesión de espazos municipais xestionados por entidades a través dos correspondentes convenios públicos e por concorrencia.

§ Facilitar o acceso e organización de torneos na cidade en colaboración entidades deportivas/Concello   que  fagan  de  A  Malata  un  lugar  de  encontro  para  a xuventude ferrolá.

Cultura e Lingua Galega

Hai un antes e un despois no mundo cultural ferrolán dende o ano 2015. A época actual, grazas  ao  traballo  exemplarizante  desta  concellaría,  supuxo  unha  auténtica  revolución cultural en todos os eidos, ademais da calidade e cantidade púxose fincapé en desenvolver actividades formativas paralelas que garantisen o acceso á cultura de todas as persoas sen exclusión. Exemplo claro, sen ánimo exhaustivo é o acceso da zona rural á banda municipal a  través  de  buses  fletados  polo  concello,  a  extensión  de  eventos  a  todos  os  barrios, preservando  a cultura local e dando a coñecer artistas internacionais  de prestixio. O foco cultural galego está en Ferrol.

Así mesmo, a cesión de espazos a entidades culturais son un obxectivo cumprido (Ateneo, Antigo Hospicio, Centro Cívico de Canido).

Como tamén o impulso do uso da lingua galega en todas as relacións coa administración, ao aplicar  estritamente  a  ordenanza  de  normalización  lingüística  e  a  dinamizar  actividades culturais que dean pulo ao uso da lingua en todos os eidos sociais da cidade, foron punto de apoio transversalizador en todas as áreas, pese ás reticencias dos partidos da dereita, que non cren nin na lingua nin na cultura como método de crecemento social e xermolo da masa crítica necesaria para unha democracia.

Polo  tanto,  o  programa  cultural  de  Ferrol  en  Común  aposta  por  manter   e  potenciar o traballo desenvolto da concellaría, darlle continuidade á súa labor, xa que logo os inputs recibidos no 99% do tecido cultural da cidade son de satisfacción  plena, quedando como retos  pendentes  a  regularización  da  Banda  ferrolá  de  música  e  culminar  o  proceso  de selección dun técnico de cultura, bases xa publicadas, para a profesionalización da prolífica actividade  cultural  que fin de semana  tras fin de semana  enche  os espazos  culturais,  a prezos  reducidos,  as  festas,  o  entroido,  o  nadal,  as  pepitas,  os  maios  e  todos  aqueles eventos que preservan a nosa tradición que son apoiados polo Concello de Ferrol

§ Potenciar as actividades culturais e festas populares co consenso cidadá.

§ Manter a xestión que permita o maior horario de apertura posible de centros culturais e bibliotecas públicas.

§ Promoción de grupos, entidades e compañías locais.

§ Labores formativas a través  de talleres e obradoiros públicos en artesanía, alfarería, cerámica, maxia e outros.

§ Fomento da lectura, a través do apoio á festa do libro e da palabra e outras moitas actividades neste eido.

§ Apoio  a  festas   populares  e  tradicionais  da   zona   rural  co  incremento orzamentario oportuno.

§ Coordinar  con  comercio  e  hostalería  a  diversificación  e  descentralización participada das actividades culturais e festivas.

§ A cultura e o lecer como  promotores municipais dunha  sociedade inclusiva: garantía da accesibilidade universal como parte integrante da cultura para a eliminación de todos os obstáculos posibles en museos, centros culturais ou de arte, etc. que fagan posible a práctica e o lecer inclusivo, contando cos recursos humanos e técnicos necesarios e formación aos profesionais que interveñen no deseño, xestión, realización, información e soporte das actividades culturais, recreativas,  deportivas  e  de  lecer  no  coñecemento  das  persoas  con discapacidade e sobre as características e sistemas de accesibilidade.

§ Promoción, normalización  e colaboración  coas entidades como a Coordinadora de Equipas  de normalización  lingüística  para  o uso  do  galego como  lingua vehicular nunha cidade desprotexida e con necesidade dunha discriminación positiva.

§ Continuación    de    iniciativas    para     a    normalización    como    Galicamp, campamentos infantís, Programa Apego para socializar o galego dende idades temperás,  Roteiros  de  recuperación  da  memoria  como  Ferrol  Rebelde  ou  o Roteiro das Irmandades da Fala.

§ Avanzar, como no barrio da Cabana, na adaptación ao galego  da toponimia da cidade.

§ Accións  formativas  para  o uso  normal do  galego por  parte  do  persoal do Concello.

Educación e Universidade

Ferrol en Común defende que o concello de Ferrol debe ser o referente e garante  dunha Educación pública, de calidade, compensatoria, laica e universal, desenvolvendo programas educativos compensatorios, en permanente relación cos centros de ensino, nomeadamente daqueles con alumnado en situación social desfavorecida, con atención preferente  aos  barrios  obreiros  e  populares,  é  dicir,  fornecer  a  Ferrol  como  concello educador ao longo da vida, para toda a cidadanía.

§ Procurar   un   ensino   universal   social   e   compensatorio   creando   unha infraestrutura que coordine as accións necesarias das Concellerías de educación, servizos sociais, emprego e igualdade, en relación coas entidades educadoras da cidade.

§ Elaborar un  plan de  choque para  conseguir o  éxito escolar, poñendo  en marcha medidas compensatorias para asegurar que rematen, polo menos, a educación secundaria obrigatoria.

§ Inventariar e  orzamentar  as  instalacións  que  dependan  do  concello  (patios, pavillóns, hortos e árbores).

§ Presenza da policía municipal en entradas e saídas dos centros educativos.

§ Concienciación, creación e conservación dos camiños escolares.

§ Recuperación da festa da árbore  con lembranza ao     mestre J.García Niebla.

§ Inserir a universidade no tecido educativo e cultural da cidade de xeito que sexa un referente para a cidadanía, máis alá das clases e títulos.

§ Desenvolvemento             de  campañas  que  potencien  a  inclusión  como  un factor determinante no desenvolvemento da persoa.

§ Facilitar programas e servizos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas   familias   con   menores   ou   persoas   con   discapacidade,   especialmente naquelas unidades familiares unipersoais ou para favorecer a inserción social elaboral.

§ Potenciar   o  Consello  Escolar  Municipal,  os   Consellos  Escolares  e  as

ANPAS.

§ Elaborar  unha  guía   dixital  permanente da  oferta   de  formación  escolar, extraescolar, ocupacional e de lecer de todas as entidades de Ferrol.

§ Optimizar o  uso  dos  recursos dos  centros educativos (pista  polideportiva, biblioteca, sala de informática, etc.) en horario de tarde e de fins de semana.

§ Reivindicar         que a oferta  de comedores escolares sexan  unha oferta  da Consellería         de  Educación,  convertendo   os  comedores   escolares  nun espazo educativo e formativo.

§ Mellorar  o  desprazamento  das  nenas   e  nenos   do  rural aos  seus  centros escolares.

§ Protocolorizar a relación entre os centros educativos  e os Servizos Sociais municipais.

§ Implantar as escolas de nais e pais como medida compensadora.

§ En  educación  infantil,  0-3  anos,   dotar   de  prazas   públicas  suficientes  ás necesidades da poboación; de 3-6 anos, revisión, mantemento e substitución da dotación de xogos exteriores dos patios dos colexios.

§ En educación primaria, promover unha oferta    actividades        extraescolares segundo as necesidades do colectivo destinatario.

§ En educación secundaria e bacharelato, programar xornadas informativas cara a  continuidade  de  estudos  na  FP,  no  bacharelato  ou  na  formación  cara  ao emprego.

§ Na   formación   profesional,   crear   unha   oferta    de   formación   profesional permanente para o alumnado que non teña   estudos      e/ou       experiencia laboral.

§ Establecer un convenio de colaboración único entre as empresas públicas e privadas, asociacións de empresas, outras entidades empregadoras, centros educativos e concello para promover unha  formación na empresa  (prácticas) de calidade e o compromiso de contratación, potenciando a presenza do tecido empresarial nos centros educativos.

§ Na universidade, agrupar           a  oferta   universitaria  da   universidade  da Coruña,  campus Ferrol,            en   tres   grandes   centros   coa   finalidade   de optimizar recursos:

•       Centro de enxeñarías, que recollería tanto os graos como os mestrados de enxeñaría industrial, naval, eléctrico, deseño.

•       Centro  das  humanidades  e  ciencias  xurídicas,  englobaría  os  graos  e mestrados de ciencias do traballo e os de humanidades.

•       Centro das ciencias da saúde, con enfermaría,  podoloxía e cun espazo para a clínica podolóxica.

•       Creación dun grao en prevención de riscos laborais (na actualidade é un mestrado).

§ Facilitar os estudos de educación de  persoas adultas para a poboación  sen estudos e/ou de mellora de emprego, establecendo un  punto de información municipal no centro de educación permanente de adultos de Caranza.

Ferrol mola

Patrimonio Histórico

Chegar ao Castelo de San Felipe e contemplar a bocana da Ría. Pararse na casa Romero de  Ucha  e  fixarse  en  cada  detalle  das  volutas.  Escoitar  a  César  Pita  falar  de  Pedro Guimarey.  Coñecer  a  folga  do  aceite  dos  anos  corenta.  Imaxinar  a  vida  dun  ferreiro traballando  para  a  Armada.  Estremecerse   sabendo  que  no  muro  do  cemiterio  foron asasinadas persoas por ser demócratas. Ferrol, o berce da loita obreira e de Pablo Iglesias, de  Castelar  e  Concepción  Arenal,  de  tantos  persoeiros  ilustres  que  enchen  páxinas  e páxinas dos libros de historia, ten un patrimonio de valor incalculable.

Ferrol é patrimono palpable, modernista, visualmente poderoso. Pero hai un patrimonio inmaterial que, se ben non podemos tocar, si sentir e emocionarnos recordando a quen debemos tanto para ser unha cidade lóxica nun entorno máxico.

A protección deste patrimonio, a súa posta en valor, a ansia por dalo a coñecer ao mundo, deben ser os eixos nos que articulemos unhas políticas patrimoniais, históricas e turísticas, que non afeen o noso pasado,  e poidamos  mostrarnos  fachendosos  de dicir que somos porque outros foron antes, xente de Ferrol que fixo de nós un pobo orgulloso de si mesmo.

Tal vez, se logramos vencer eses muros da vergoña, ese sentimento colectivo que ás veces pesa como unha lousa granítica no tecido social, onde nada serve e nada vale, se se vincula a Ferrol o orgullo de pertenza, tal vez, cando deamos ese paso e tiremos tantos muros que cómpre  derrubar,  o  entusiasmo  coopere  a  ver  con  outros  ollos  aquela  pedra,  aquela pequena iniciativa social, aquela empresa que se crea, aquel proxecto que nace, e así, nun círculo de estímulos, logremos saír das nubes negras que nós mesmos construímos no noso ceo, para deixar entrar, ao fin unha luz que nos leve a un verán invencible.

§ Protección e defensa  do patrimonio histórico do concello, como o Castro de Esmelle ou o conxunto de mámoas de Brión.

§ Articular unha  defensa  regulada de espazos  singulares, tal e como fixemos coa catalogación dos Montes do Cha como montes comunais para a súa defensa polos veciños e veciñas con conciencia medioambiental.

§ Inventariar e catalogar os  bens  patrimoniais do  termo  municipal, e darlles unha protección adecuada ao seu valor.

§ Reforzar  o servizo de arqueoloxía do Concello de Ferrol, co fin de colaborar na detección e adecuada preservación dos depósitos arqueolóxicos.

§ Rehabilitación integral do  Castelo de San  Felipe, cos fondos acadados  coa cooperación coa deputación e o 1,5% do IVE cultural, rehabilitación acompasada

cun plan de usos que faga do castelo bandeira de cidade, a través de obradoiros de cantería, centro de interpretación histórica, roteiros da súa historia.

§ Poñer  en  valor as  diferentes rutas   urbanas,  municipalizándoas,  a  ruta  da construción naval, do modernismo e outras, como fonte de conservación do patrimonio  inmaterial,  asemade,  rutas rurais pola costa, entre baterías e faros, sendo respectuosos coa flora e fauna autóctona.

§ Mesa da memoria. A tradición oral acaba diluíndo a historia e cada xeración que pasa perde parte do pasado. Documentalo é case unha obriga dunha sociedade moderna.  Propoñemos  a creación  desta  mesa  interxeneracional  para  o coñecemento  do  modo  de  vida  dos  nosos  maiores,  como  transmisión  dun patrimonio fundamental, o modus vivendi.

Turismo

A costa Ártabra é un punto de referencia do turismo familiar e desestacionalizado, o que os expertos  no  sector  veñen  en  denominar  turismo  slow.  O  crecemento  constante  dos peregrinos que toman o Camiño Inglés, a sede de Ferrol como parte do campionato Siroko de surf, o incremento exponencial de turistas que pasan polas nosas oficinas… fan de Ferrol e comarca un lugar potencial de crecemento turístico.

Ferrol en Común aposta por un turismo sostible, complemento necesario ao noso principal motor socioeconómico, o sector industrial, nomeadamente o sector naval público, e por iso impulsará todas aquelas iniciativas que permitan un crecemento constante e ordenado do turismo, sen consentir  agresións  ou especulacións  urbanísticas  que nos convertan  nunha réplica de certas vilas das Rías Baixas, pero si un turismo familiar e constante ao longo do ano, vinculado  a actividades  na natureza  e o desfrute da nosa gastronomía  e tradicións, para conseguir o obxectivo final: crear postos de traballo estables e dignos nese sector que estimulen   a   economía   local   e,  en   consecuencia,   o   crecemento   demográfico,   clave imprescindible para a recuperación da cidade.

§ Ferrol  Vello porta  do Camiño Inglés.  Seguir a traballar na recuperación integral deste barrio histórico da nosa cidade que é porta de entrada dos peregrinos que inician o Camiño Inglés.

§ Potenciar  a  Oficina  do  Peregrino  e  avanzar  nas  xestións  coas  diferentes administracións para converter o Edificio de Aduanas nun albergue de peregrinos, o cal non só melloraría  a faciana do peirao de Curuxeiras,  senón que sería unha fonte de ingresos e de dinamización do comercio e da hostalaría do barrio de Ferrol Vello.

§ Seguir  impulsando   o   turismo   “slow   travel”,   Ferrol   como   destino   de tranquilidade  e  de  contraposición  ao  turismo  de  masas.  Poñer  en  valor  as cualidades paisaxísticas, gastronómicas e culturais.

§ Vinculada a isto a creación dunha  marca  de calidade de produtos artesáns e de consumo vencellados co Camiño Inglés.

§ Potenciar  e  controlar  o  turismo  de  acampada  e  caravanas,  para  o  seu estacionamento en zonas habilitadas que reúnan as condicións ambientais e hixiénicas.

§ Mellora do estacionamento de caravanas da Malata en canto aos servizos, así como a habilitación doutras zonas que posibiliten o estacionamento destes vehículos.

§ Seguir  apostando  por   “Ferrol   Activo”   como   destino  de   aventura,  de natureza   e  sostible. As  posibilidades  que  ofrece  a  cidade  polo  seu  entorno natural tanto para a práctica deportivas naúticas, como no impulso de rutas de sendeirismo e BTT. Mellora da sinalización destas  rutas.

§ Potenciar as diferentes rutas  urbanas -modernismo, Ferrol en feminino, Rutas da Meninas, da Ilustración,- así como as rutas dos castelos ou dos faros na zona rural.

§ Turismo  inclusivo.  Desenvolvemento  dun  plan  específico  para  promover  o turismo inclusivo, cun plan de mellora da accesibilidade de destinos turísticos do Concello, difusión de lugares e locais que cumpran a normativa de accesibilidade nos portais de difusión turística do Concello (con información precisa sobre accesibilidade),  creación  de  guías  turísticas  destinadas  a  persoas  con discapacidade ou con mobilidade reducida.

Un Ferrol para o mañá

Emprego

O emprego é unha parte vital para a recuperación social, demográfica e mesmo anímica da nosa  cidade.  Dende  Ferrol  en  Común  consideramos  prioritario  establecer  políticas  de emprego municipais que saiban dar resposta á crise estrutural da dependencia pública na creación  de  emprego,  que  cando  goberna  a  dereita  axita  con  amortizacións, desmantelamentos  e  volve  raquíticos  os  sectores  públicos.  Nos  últimos  anos  Navantia, CHUF e Arsenal son os principais empregadores da comarca. Pero paralelamente, xurdiu un grupo de Pemes que traballan na diversificación, embrión en torno á Asociación de novos empresarios,  que impulsan  iniciativas  TIC, que apostan  pola innovación  e que, xunto  co impulso que está a dar o Campus de Ferrol a novas titulacións, como deseño de moda ou turismo, fannos manter viva a esperanza para non depender dos ciclos de construción naval

Malia a sensación colectiva, o ciclo 15-19 respecto ao 11-15 supuxo a baixada de 10 puntos porcentuais na taxa de desemprego e a creación de máis de 1000 postos de traballo. Ferrol en Común, a través dun dotado e con plena ocupación Centro de emprego municipal, foi un axente clave nesa recuperación, tanto con iniciativas propias coma cunha interlocución constante  co tecido  empresarial,  sindical  e social.  Queremos  seguir  nese  camiño,  darlle solidez e continuidade, de xeito que de forma participada academos os nosos obxectivos: con emprego, benestar social e recuperación demográfica facer un Ferrol alegre e vivo, que recupere o pulso dun pasado non tan distante.

§ Pacto  Local polo Emprego en coordinación cos  diferentes axentes  socias e mesas de traballo. Organización de mesas sectoriais polo emprego con representación de sindicatos, empresarios para detectar carencias formativas, así como necesidades de formación en novos perfís que se vaian  demandar.

§ Apoio  ao   empredemento  sostible  e  social,  falamos  de   promoción  da economía social, cooperativismo ou  emprego verde.  Creación da oficina do cooperativismo. Aposta pola formación en economía social.

§ Política  impositiva  de  apoio  ao  inicio  da  actividade  económica,  é  dicir aprazar  e  diferir  os  impostos  e  gastos  municipais  para  empresas  de  nova creación ou instalación no concello sempre que cumpran os requisitos de xerar empregos de calidade.

§ Liñas   de  apoio   económicas  e  formación  para  ás  PEMES  e  o  pequeno comercio, para a busca da diversificación da súa actividade e aumento do valor engadidos dos produtos.

§ Na contratación pública municipal, inclusión nos  pregos administrativos das cláusulas sociais (especialmente en relación ao xénero e ás condicións laborais e cunha política activa de RSC, responsabilidade social corporativa).

§ Investir na formación propia adaptada  á realidade social. Seguir traballando na   homologación   das   aulas   para   poder   impartir   formación   propia:   medio ambiente, agricultura ecolóxica, creación de empresas, prevención de riscos laborais, novas tecnoloxías e TIC´s.

§ Ofrecer    chan   industrial  para   o   asentamento  de   empresas  de   novas tecnoloxías, do terceiro sector ou emprego sostible

§ Participación en programas de emprego en colaboración e cooperación con outras  administracións,  para  desenvolver proxecto  de  desenvolvemento local e recuperación do  patrimonio, como o dique da Cabana ou Museo da Sociedade Galega de Historia Natural.

§ Aposta  pola  construción   naval  e  o   estaleiro  4.0   en  colaboración   coa Universidade da Coruña (UDC).

Mocidade

A nosa mocidade vémola cada día nas rúas e prazas, cada vez máis participativa nas mobilizacións sociais, cada vez máis consciente da forza do colectivo, logo da crise de individualismo extremo que vivimos nos primeiros anos do século XXI.

Non se pode negar que o problema principal e máis acuciante, xa estrutural, de Ferrol, é a perda de poboación, indubidablemente vinculada á falta de emprego pola crise industrial reiterada dende que outras instancias quixeron converter á nosa cidade nunha cidade de servizos, unha construción inventada contra natura que agora toca reverter. E ese é o papel da mocidade, valente e loitadora, que participa na folga feminista, na folga de estudantes, que se agrupa en entidades asociativas e practica deportes urbanos. Pero é obvio que a mocidade por si mesma non poderá sobrevivir ao bombardeo de destrución de emprego e desmantelamento  dos sectores produtivos que estamos a vivir. Precisamos de institucións

fortes e decididas que ofrezan camiños de formación e lecer aos nosos mozos e mozas, para reter todo o seu talento dentro das nosas fronteiras e poder construír un Ferrol mellor. Así, dende esta concellaría, recuperouse a Casa da mocidade, organizáronse actividades en Esteiro, Santa Mariña, Praza de España… de deportes urbanos e creación, organizáronse múltiples  xornadas  e  cursos  formativos,  e  ese  debe  ser  o  camiño  a  seguir,  poñer  a disposición  os  vehículos  necesarios  para  que  os  nosos  mozos  e  mozas  transiten  con facilidade polo camiño de amosar unha faciana de Ferrol máis positiva, alegre e humana. Ferrol en Común confía na mocidade para cambiar a orde do preestablecido e acompañalos nesa senda de transformación.

§ Casa  da  mocidade autoxestionada,  coma  durante  este  mandato,  blindada  a actividades para mozas e mozos.

§ Plan de emprego específico destinado á mocidade 19-23. Programa de apoio ás cooperativas integradas por xente moza.

§ Tarxeta +nova de acceso bonificado a centros deportivos e actividades culturais.

§ Promover  a  cesión  dunha   cota   de  vivendas  en  réxime  de  aluguer  de titularidade municipal.

§ Promover o asociacionismo  xuvenil. Creación dunha  asesoría  integral para  a mocidade  e  adolescencia,  que  proporcione  información  e  recursos,  que  a dinamice e a poña en valor, para erradicar o bullying, o consumo de drogas e fomente  a alimentación  saudable,  o voluntariado,  os programas  de educación sexual, o coidado do entorno.

§ Creación de espazos  de lecer permanentes, tanto na zona rural como urbana, con roteiros e deportes urbanos, que fagan do coñecemento e a saúde piares básicos nas súas opcións de desenvolvemento.

Un Ferrol para todas

Participación e Transparencia

Nos  últimos  catro  anos  Ferrol  subiu  exponencialmente  en  transparencia.  Entramos  no goberno prometendo abrir portas e xanelas e acadámolo. Non só no plano formal, cunha contención  de  gasto  protocolario  e  suntuario,  restrición  no  uso  de  vehículos  oficiais  e baixada  de  salarios,  se  non  tamén  de  forma  obxectiva,  chegando,  algo  impensable  hai poucos anos, a ser a terceira cidade de Galicia con maior transparencia.

O cambio da páxina web, con acceso a todos os contratos públicos, declaracións de bens e rendas de toda a corporación, actas de comisións e plenos, fixeron de Ferrol un concello con paredes de cristal.

A chegada da xente do común ás institucións supuxo un intrusismo na vella política, esa que fai do servizo á veciñanza unha profesión, e que dirixen as súas accións políticas dende altas  esferas  que  nada  teñen  que  ver  cos  poderes  democraticamente  escollidos.  Nós estivemos para a xente e coa xente, accesibles, con proximidade e humildade, recollendo

todas  as  propostas  individuais  e  colectivas,  tratando  de  dar  cumprimento  ao  mandato popular, sen ataduras nin dependencias externas.

No seguinte mandato o obxectivo é ampliar horizontes, pero cómpre mudar o modelo actual, facer da nosa cidade un espazo participado onde se involucren máis os mozos e mozas, onde a política non xere desidia se non ilusión, e para iso propoñemos novos mecanismos e modelos.

§ Facilitar  o  acceso   da  cidadanía  aos  servizos  e  recursos  creando  unha comisión  técnica  de  redución  drástica  da  burocratización  extrema  e discrecionalidade na aplicación dos procedementos administrativos, que asegure a  coherencia,   homoxeneización   e  seguridade   xurídica  na  interpretación   da normativa vixente, con incremento de persoal público e procesos áxiles  de resposta inmediata.

§ Aprobar  un  novo   regulamento de  participación cidadá,   menos  ríxido,  que permita un desenvolvemento realista duns orzamentos participativos e o seu desenvolvemento  progresivo  nas asembleas  de barrio  e participación  a través das novas tecnoloxías, eixo da participación veciñal, visualización final do traballo realizado e o que se fixo con eses orzamentos.

§ Fornecer aos  medios de  comunicación do  concello para  dar  a coñecer  á cidadanía o labor municipal.

§ Promover  a  información  e  participación  por  medio  da  web  e  redes  sociais municipais. Fortalecer o tecido asociativo dando ás entidades protagonismo, información   e  participación.   Facilitar  a  participación  cidadá  na   vida   do concello: dar voz en plenos e comisións e os contactos coa administración, nomeadamente das distintas concellarías.

§ Axilizar a resposta aos  requirimentos e solicitudes feitos pola cidadanía, nomeadamente dende o rexistro municipal. Axilizar e formalizar os sistemas de participación en concursos de subvencións municipais.

§ Abrir procesos democráticos alentando a unha maior participación activa das mulleres  e colectivos  con especial  vulnerabilidade,  a partir  de redes  de apoio mutuo.

§ Impulsar o voluntariado e a participación social, especialmente cun programa específico  contra  a  soidade  das  persoas  maiores  e  outros  colectivos  que favoreza o acompañamento e a convivencia interxeracional.

§ Xestionar as convocatorias ou convenios co compromiso de publicación e resolución no primeiro semestre do ano, coa difusión inmediata dos proxectos subvencionados tras a súa resolución.