Ser republicano non se limita a defender unha fórmula de goberno. É defender valores cívicos, a xustiza, a igualdade, o feminismo, a liberdade, a educación e a sanidade pública, o respecto aos que pensan diferente, o garante da vivenda e o traballo para todas as persoas dende políticas públicas. A república é a construción popular da sociedade. É decidir

O 14 de abril de 1931 en Ferrol, como vedes na imaxe, a multitude tomaba as rúas, e vía como o almirante, dende Capitanía Xeral, saudaba con naturalidade aos que festexaban a proclamación da segunda república, chegada nunhas eleccións democráticas. Logo chegou a ignominia, pero iso foi despois. Antes houbo tempo para unha constitución co seu artigo primeiro máis bonito que un verso de Neruda:

Artículo 1. España es una República democrática de trabajadores de toda clase, que se organiza en régimen de Libertad y de Justicia.

Los poderes de todos sus órganos emanan del pueblo.

Eu son republicano porque creo neses valores como forma de vida, e porque me rodean camaradas fabulosas que debordan con alegría e traballo calquera atisbo de desesperanza. Por elas, VIVA A REPÚBLICA!!

«En la Casa Consistorial del Ferrol siendo las seis de la tarde del día 14 de abril de 1931, reunidos los señores don José Romalde Doce, don Andrés López Otero, don Manuel Morgado y G. del Valle, don Hipólito Martínez Vez, don Antonio Santamaría López, don Tomas Serantes Lis, don Emilio Castro Lorenzo, don Ventura Dios Fojo, don Manuel Sales Varela, don Segundo Cotavad Díaz, don Jaime Quintanilla, don José Salgueiro, don Antonio Bello Paz, don Andrés Torrente, don Joaquín Vázquez Galán, don Edmundo Parras Cisneros, don Fermín Mejuto Fernández, don Manuel Ruiz de Cortázar López, don Eduardo París Gómez, don Francisco del Rio Barros, don Federico Pérez Lago, don Edmundo Lorenzo Santiago, don Ramón Castro López, don Alfonso Quintana y Pena, don Recaredo Domínguez de la Iglesia y don Adolfo Rodríguez Sánchez, como representantes legítimos del pueblo de El Ferrol elegidos por sus conciudadanos en votación legal celebrada el 12 de abril de 1931, tomando posesión del Ayuntamiento de Ferrol y proclaman en el la Republica en virtud del imperioso mandato que le han conferido sus conciudadanos»

Jorge Suárez