Escapar cando perdeu as eleccións para manter o seu estatus económico con fondos públicos é o único proxecto verdadeiro do Partido Popular e José Manuel Rey. O resto son medidas usurpadas a proxectos deste goberno, imaxes incluidas, como a pasarela de Santa Mariña ou medidas imposibles a sabiendas, polo tanto enganos, como a ampliación do horario de bibliotecas, ou atribuirse competencias doutras administracións, como derrubar a muralla de navantia, que depende de Defensa.

Poñamos por caso a estación intermodal, que depende da xunta. Que ocorre? Que so se vai facer se goberna o PP en Ferrol? Que clase de política de cidade é esa? Iso ten un nome: caciquismo

Moi mal deben andar as enquisas cando dos debuxiños chulis e irreais pasamos ao ataque.

A única medalla que se pode colgar é ter no seu mandato, por desgraza, a taxa de desemprego e índice de pobreza máis altas nesta cidade. Pero veña a falar de ladrillazo e autoestradas ao ceo.

17 millóns en fondos, obras clave demandas de hai décadas, proxectos para a zona rural pero sobre todo, as persoas, iso é un proxecto feito, de futuro, e de esquerdas. O proxecto de FERROL EN COMÚN. O demais, un vídeo bonito, un rostro amable, pero todo fume, a única realidade é a mentira e a ameaza de que nos goberne o partido con máis casos de corrupción da historia deste país, o partido que ten a osadía de PROPOÑER BAIXAR O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL. Ale cracks, a gobernar en diferido, pero na casa, porque a cidadanía non son meniños de primaria que tragan con contos.

Moi contento da honestidade da esquerda desta cidade. Para todo o demais… bla bla bla (e o infame apoio dos que a palabra ética quédalles demasiado grande, señores que fuman puros do grupo voz)

Nós a seguir polo noso camiño, con propostas e alegría combativa, coa xente natural que nos pode mirar aos ollos. Let’s walk the line!

Jorge Suárezhttps://youtu.be/Lq0fUa0vW_E YouTube Johnny Cash I Walk the Line Eins meiner Lieblingslieder.