Proxecto Pazos

Xuntanza hoxe martes, 9 a tarde no local social de Pazos, tan alegres e agarimosos.
Falamos do que demandan e precisan para mellorar no día a día. 
Da I Fase da ampliación da Estrada de Pazos, que hoxe mesmo foi publicada na Plataforma de Contratos públicos do Estado: 500 metros con saneamento, soterrado do cableado e beirarrúas a que seguirà, no inmediato, a II Fase, do 0,5 ao 1,3 quilómetros, co proxecto xa redactado e cun orzamento previsto de 1.086.000 euros e beirarrúas en ambas beiras.
En total, quilómetro e medio de estrada renovada e ampliada e sobre todo, mais segura para a veciñanza, no tràfico rodado e aos peóns.