IMG_20190206_131124_855

O pasado 30 de Xaneiro celebramos a nosa Asamblea Ordinaria de Xaneiro ,nela aprobouse o Regulamento Primarias 2019 e o calendario para estos meses cara as municipais de maio
Pecharase o censo de votación o día 15 de febreiro, non así de inscripción que permanecerá aberto, abrirase prazo de presentación de candidaturas entre días 11 e 15 de marzo para unhas primarias que se celebrarán en urna o 22 e 23 de marzo.
O propósito das primarias é que a candidatura resultante represente todas as sensibilidades que integran Ferrol en Común e ,ademáis, conforme unha equipa de traballo que encare o desafío de gobernar a nosa cidade os vindeiros catro anos coa mesma forza e ilusión que ata agora.
Mentres outros xa comenzaron a súa campaña ás municipais e danse paseos buscando a fochanca maldita, nos consideramos un paso importante ter uns cimentos fortes baseados no diálogo democrático interno do que xurda unha equipa colaborativa e forte co mellor dos programas para Ferrol.
Porque nos si amamos Ferrol , a nosa será a campaña de #AmoFerrol #InLoveFerrol.
Cara o Horizonte 2019, imos con todo !