Esta mañá a coordinadora de FeC acompañada do alcalde Jorge Suárez e a concelleira Saínza Ruíz presentou en rolda de prensa o III Encontro municipalista galeo que nesta ocasión será en Ferrol , anteriores encontros foron en Compostela e Ourense e agora temos a sorte de que sexa Ferrol en Común a anfitriona.
O obxectivo deste encontro como sinala Jorge Suárez é dar impulso ao tecido municipalista entre mareas irmáns que colaboramos tecendo redes colaborativas non só entre as que gobernan , tamén as bases colaboramos entre nós por exemplo en xornadas de traballo como a qué celebraremos o día 30 de Xuño no Ateneo Ferrolán .
Debatiremos liñas de traballo , experiencias , eivas que fumos atopando nos nosos espazos e posibles solucións de cara a sacar conclusións de traballo útiles e pode que liñas programáticas de cara o horizonte 2019.
Así en cada mesa de traballo debatiremos un tema que consideremos prioritario, na mesa A “ Candidaturas municipalistas e relacións entre elas” para afondar nas canles de relación entre mareas e xeitos de organización, como as problemáticas  , solucións e experiencias non son as mesmas cando unha marea goberna ou non, ou é dunha cidade ou dunha vila xurde a mesa B có epígrafe “ Visión dende as dúas beiras: goberno/oposición vila/cidade”.
Colleunos por sorpresa o cambio de goberno estatal e polo tanto fíxose precisaba mesa C onde debatirase “ o municipalismo no novo contexto estatal” , como muda a posición dos concellos ante este cambio e que demandarase ao novo goberno dende eles.Así mesmo reflexionarase como os movementos sociais, como pensionistas , estudiantes e mulleres este ano fixeron súa a loita social.

Un dos movementos sociais máis impulsores foi o feminismo sendo tanta a repercusión dende o 8 M e mobilizacións posteriores  nas rúas que fai preciso unha mesa propia , a D onde falaremos de perspectiva de xénero nos nosos espazos políticos e na sociedade.
Como explicaba a voceira logo haberá un xantar , e despois das conclusións ás 16 h , as 17 h pecharemos cun debate de seis compañeiros do municipalismo , polo momento confirmados Jorge Suárez, María García e Martiño Noriega , en próximos días anunciaremos os outros tres .

Tras a explicación da compañeira sobre o programa falou o alcalde que remarcou a vocación de impulso do tecido municipalista deste encontro como xa pasou en Ourense e Compostela e polo que xa contamos con inscritos de diversas mareas e incluso sen adscrición política.
Dentro deste impulso colaborativo entre mareas o alcalde fixo referencia ás vilas pequenas con unións populares de poucos membros pero moitas gañas e ilusión en traballar polo común, sempre un pouco máis esquecidos nesta xornada queremos especialmente darlles voz.
Remarcou que ante todo as mareas municipalistas somos o que somos , non temos grandes medios económicos nin de comunicación , nin grandes aparatos mediáticos , somos os que vedes e como nos vedes , con traballo diario e facéndonos fortes na unión de persoas de tódolos ámbitos e tecendo redes como o municipalismo galego.

Pola banda da coordinadora lembramos que a xornada é para a xente do común e polo tanto está convidado todo o mundo a inscribirse e partillar con nós unha xeira de traballo , confraternización e ,como sempre, moita ilusión.

Cara o horizonte 2019 eu vou o 30X

Para apuntarse aquí