Na potenciación do proxecto cidadanista que supón Ferrol en Común, estanse a dar pasos importantes dende a organizacion para consolidar un proxecto necesario por e para a xente do común.
No xaneiro pasado dimos dende Ferrol en Común un importante paso para este novo espazo ao convocar unha asemblea cuns novos e mellores estatutos, e coa conformación dunha Coordinadora que facilite a comunicación da cidadanía co Concello e que impulse o traballo municipal en proxectos tan relevantes coma a tan demandada renovación do Mercado de Caranza, a unión entre barrios de Santa Mariña e o Ensanche
A ou a reforma integral da Praza de Armas nun actual e moderno proxecto de cidade ,así como no desenvolvemento dunhas políticas orientadas á cidadanía e a defensa dos seus dereitos.
Neste Maio que se achega, celebraremos o terceiro aniversario da vitoria en cidades tan relevantes coma A Coruña, Compostela ou Ferrol das mareas municipalistas.

EnFerrol fomos quen de botar a un Partido Popular retrógrado, desenmascarando a súa política da
mentira coma se demostrou coa non depuración da nosa xoia, que é a nosa ría, e máis preocupado en “capuchoncitos” que no conxunto da cidadanía.
Co o obxectivo de consolidar o cambio iniciado cos proxectos municipalistas que abrollaron na primaveira do 2015 a Coordinadora de Ferrol en Común convocará unha Asemblea de inscritos e inscritas de Ferrol en Común para favorecer a ampliación da
participación das persoas inscritas e as diferentes liñas de traballo, así como a folla de ruta a seguir cara o último ano da lexislatura e dar rendizón de contas da actividade da coordinado.
Nesta data, a Coordinadora de Ferrol en Común considera importante partillar
experiencias sobre estes anos de goberno, con outras mareas municipalistas e cidades
rebeldes , polo que serán convidadas a compartir con nos a xornada asamblearia e  poder así intercambiar impresións e avanzar neste proceso en conxunto.

Agardamos vervos a todas e todos en maio, nos sen vós non podemos funcionar.

Coordinadora de Ferrol en Común