Co lema que identifica a loita da familia de Jose Couso , cámara asasinado polo exército estadounidense o 8 de abril de 2003, queriamos comezar a nosa homenaxe a unha familia valente que persiste na busca de xustiza e para un xornalista que morreu no desempeño do seu traballo amosando ao mundo a barbarie da guerra.
Ninguén podería crer antes daquela malfadada xornada que algún exército do mundo podería disparar contra un edificio onde se coñecía que se aloxaban periodistas internacionais, pero os asesinos ese día non só dispararon contra o Hotel Palestina , tamén contra Al Jazeera e Abu Dhabi TV, estaban decididos a rematar coa liberdade de expresión e co dereito a ser informados de xeito veraz e non manipulado.
Nun xesto empático e xeneroso que non tiveron os asesinos, a familia de Couso sempre lembra aos compañeiros mortos e feridos de José naquela ocasión e en calquera outra , da igual o tempo ou lugar.
Tras a querela aberta pola familia o periplo xudicial foi desolador, abertas dilixencias na Asamblea Nacional o 2005 e arquivadas o 2006 por considerarse “actos de guerra” , no 2007 foi reactivada polo xuíz Santiago Pedraz que acusou aos 3 soldados estadounidenses, que dende un tanque e alegando responder a ataque inimigo, dispararon contra un hotel ateigado de xornalistas. Así mesmo, tras unha longa loita no 2010 cursouse orde de busca e captura.
Que sucedeu para que os asasinos non estén cumprindo cadea ?
Pois a resposta non pode ser máis frustrante, foi arquivado o caso no 2015 tras unha reforma lexislativa do PP no 2014 que saíu adiante pola maioría absoluta do goberno fronte ao resto do arco parlamentario en contra.
O mesmo estado de Couso impedía a xusta resolución e castigo do seu asesinato.
Nesta reforma rematábase co concepto de “xustiza universal” que amparaba a busca de criminais fóra de España cando non foran de nacionalidade española.
Dase así a mensaxe de que en caso de conflito o asasinato de xornalistas é gratuíto e queda impune ,promovendo que gobernos poidan manipular á poboación ao rematar coa veracidade da información.
Deixáronos, polo tanto, sen dereitos fundamentais como o de información e liberdade de expresión.
Só queda agardar a que prosperen recursos contra a reforma do 2014, o recurso da familia contra o arquivo ou, o seguinte paso, o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns.

Couso non morreu nun “acto de guerra”, foi asesinado por recoller coas súas lentes á crueldade da guerra, a realidade dos exércitos das democracias occidentais en zonas de conflito, por contarnos as cousas tal como son e non como convén.
Así que para abrir os ollos, para esixir unha explicación ao goberno que impediu o xusto desenvolvemento legal berramos: José Couso, crime de guerra, investigación e xustiza!