Debido ao acontecido esta semana na que a autonomeada Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos interpuxo una demanda falaz contra o alcalde Jorge Suarez e a equipa de goberno acusándoos de delitos graves e totalemente infundados a prol da taxa de sanaemento, supoñemos que con ánimo de desgastar ao goberno , dende logo non de colaboración có mesmo para levar a bo termo un tema tan serio, e por iso a Coordinadora de FeC queremos explicar o acontecido dende 2015 cando se suspende a devandita taxa.

Dende o mes de abril de 2017 o saneamento é unha realidade acreditada polas analíticas e iso obriga ao pago dun servizo que xa amosa as súas consecuencias positivas.Isto fixo necesario o levantamento da suspensión da taxa anterior, no mes de novembro, como solución de urxencia, para evitar a paralización do saneamento e a perda de postos de traballo, nunha situación que era insostible financeiramente.

A taxa presentada polo goberno de FeC era máis barata e axustada ao custe do servizo e aínda así a oposición dun e doutro lado levaron ao goberno a ter que levantar a suspensión dunha taxa coa que no se estaba de acordo

Máis se algo caracterizou a aprobación deste tributo foi a batalla política a que deu lugar, na que non todos os grupos politicos están a velar polo interese da cidadanía as veces apoiandose en plataformas para o seu propio interese.

A anterior taxa , do PP, foi suspendida cando FeC en Agosto do 2015 nunha inspección puido ver que as instalacións de Cabo Prioriño, xa non é que non depuraran e que non estaba en condicións de prestar o servizo por importantes danos estruturais que ademáis verquían augas negras. Aspectos que parecen esquecer nas súas intervencións nos sucesivos plenos nos que FeC tentou presentar unha taxa máis axustada para o sostemento e financiamento dun servizo que é necesario prestar.

Por outra banda o PP criticaba a taxa presentaba polo goberno argumentando que a veciñanza sufría un trato discriminatoria pagando máis que a veciñanza de Narón polo convenio asinado có concello veciño. A taxa do PP non só aumentaba o prezo por unha serie de elementos como a amortización das obras e inversión no Rural, que FeC propón sexa investimento do concello con cargo ao orzamento; tamén falamos de que este cobro é pagado por máis do 80% do veciños e veciñas que non están conectados á rede (importe que ten que ser devolto por EMAFESA).

O BNG pretende trasladar á opinión pública que o servizo non ten porque ser prestado polo Concello e si pola Xunta insistindo en devolver as chaves das instalación a Augas de Galicia, de xeito que o servizo fóra “gratuíto” o cal é unha falacía máis nesta historia xa que o que acontecería , como noutros concellos, é que a contía do servizo sería imposta pola Xunta (perdendo neste caso o concello e os veciños a posibilidade de marcar o custe do servizo prestado), algo que o BNG coñece sobradamente.

O PSOE que dende que está na oposición é o máis “rebelde” e “remunicipalizador”; tamén ten pouca memoriza xa que cómpre lembrar cando esta concellería estivo baixo a responsabilidade desta formación esta cuestión durmía nun caixón. Agora o grupo municipal liderado por Beatriz Sestayo nun exercicio de irresponsabilidade política, chama á veciñanza a non pagar a taxa, por considerar que é abusiva, despois de impedir a aprobación dunha máis axustada proposta por FeC.

Como o goberno de FeC sí vela polo interese da veciñanza tomou dúas decisións encamiñadas a solucionar esta cuestión.

Por unha banda en decembro do 2017 adxudicou á empresa EUDITA FAIR VALUE AUDITORES S.L un estudo de custos de sistemas de depuración de augas residuais para calcular unha taxa o máis axustada posible á prestación do servizo , para elo ten un prazo de tres meses.

Asi mesmo, o executivo , comprometeuse como xa explicou o alcalde na rolda de prensa dada a prol deste tema, a avanzar na formulación do expediente para determinar como reverter o cobro indebido de 800.000 euros de 2014 ao 2015 por un servizo que FeC demostrou non existía.

Para rematar a Coordinadora de FeC amosa o seu apoio ao grupo de goberno nas accións legais que determinen tomar ante acusacións falaces e con ánimo de destrucción e non de colaboración e preocupación polos intereses da cidade.

Coordinadora de FeC