Rolda de prensa este mediodía na Casa da Muller

Este mediodía o alcalde de Ferrol Jorge Suárez e a concelleira de Benestar Saínza Ruíz, xunto a voceira do PSOE e os dous concelleiros do BNG, asistiron como mostra de apoio á rolda de prensa ofrecida pola familia de Marta Sequeiro onde presentaron a mobilización social que terá lugar este venres 31 ás 19.30 h na Praza Armas.
Durante a rolda de prensa o alcalde reclamou “ xustiza plena e digna para Marta” e chamou á cidadanía a secundar a mobilización do vindeiro venres.o