euroscola-2017Volve o concurso escolar máis celebrado de toda Unión Europea: Euroscola! Este ano o tema do concurso é o 60 aniversario da firma do Tratado de Roma (1957-2017).

Ferrol, 1 de marzo.-  O Concello de Ferrol, a través da concellería de Participación Cidadá, ven de animar a todos os centros escolares do municipio a sumarse ao concurso Euroescola 2017.

O obxectivo desta convocatoria é o de reflexionar cos mozos sobre o proceso de transformación dela Unión Europea en espazo de liberdade, xustiza e seguridade ao longo destes 60 anos; valorar o que se alcanzou e analizar os desafíos actuais.

Para iso, o Concurso propón como tema central: coñecela Carta dos Dereitos Fundamentais dela Unión Europea como texto que recolle os principios e valores dos pobos e cidadáns da UE, tras 60 anos de compromiso e camiño xuntos.

Poden inscribirse no concurso equipos compostos por 10 alumnos de entre 15 e 18 anos e un profesor da ESO (3º e 4º), Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio, nun centro establecido en territorio español.

A competición consistirá na elaboración dun vídeo cunha duración máxima de 1 minuto e 30 segundos cuxa temática se base nalgún dos dereitos recolleitos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea. Ademais, cada grupo deberá realizar un «Making Of» do mesmo que mostre o proceso de creación.

O calendario de traballo dos equipos é libre baixo a guía do seu profesor, aínda que o prazo para enviar o vídeo e o «Making of» finaliza o 6 de abril.

O concurso servirá para seleccionar os grupos españois que participarán no Programa Euroscola do Parlamento Europeo en Estrasburgo, con mozos e profesores de toda Europa.Os gañadores obterán como premio a participación no Programa Euroscola do Parlamento Europeo na súa sede de Estrasburgo e unha axuda económica para sufragar parte dos gastos da viaxe.

Están previstos 19 premios Euroscola en función das comunidades e cidades autónomas de España. Os equipos gañadores e os 5 primeiros clasificados recibirán un diploma dixital emitido porla Oficina de Información do Parlamento Europeo.

No seguinte enlace, tedes toda a información sobre o concurso «Euroescola 2017» da Deputación provincial da Coruña: