emprego-1Nestes orzamentos hai unha aposta clara polo creación de emprego na cidade cun importante aumento no orzamento, e un novo pulo a través do apoio e fomento do Centro de Emprego, como elemento motor da formación, orientación e busca de emprego na cidade. Nese sentido nestes orzamentos dentro da área de Emprego aparecen principalmente catro liñas de actuación:

  • Seguimos apostando pola formación propia e a cualificación dos traballadores en desemprego mediante cursos de formación transversal e de cualificación en nivel 1 e 2 en función das demandas laborais e profesionais dos desempregados, como elemento preciso para a adquisión de ferramentas precisas para acceder en mellores condicións xa sexa para obter o primeiro emprego, ou acceder de novo ao mercado profesional a través da reciclaxe profesional de traballadores en situación de desemprego procedentes de sectores coma o naval e a construción.

  • emprego-2

  • O apoio ao emprendemento e o desenvolvemento e promoción da cultura emprendedora na comarca, para faovrecer ás iniciativas de autoemprego coma saída profesional. Este apoio estará baseado en continuar coas sensibilización e apoio á cultura emprendedora e ampliar e desenvolver unha liña de incentivos.

  • Con complementariedade con outras administracións a través de axudas da Xunta de Galicia ou do FSE, desenvolveremos obradoiros de emprego, programas de integración de Emprego e as convocatorias do FSE, que estarán apoiados polo servizo de orientación e busca de emprego municipal.

  • Pemprego-3articipar na estratexia GALP para o desenvolvemento local, mediante a presentación de proxectos non produtivos.

Na mesma liña estes orzamentos tamén presentan apostan claramente pola Promoción Económica xa que mantemos as liñas de apoio e dinaminzación do comercio, hostalaría e mercados.