#EuVou30X. Hai algo máis dun ano en moitas vilas e cidades galegas comezou a medrar o mar, co apoio da xente de común que quería un cambio no xeito de face-las políticas, POLÍTICAS para a xente e coa xente. Agora meses despois chega a ‪#‎MareaConstituínte‬ para dar forma a unha candidatura de ‪#‎confluencia‬ para ateigar as urnas de ilusión e de cambio e por fin desaloxar ao PP e as súas políticas austericidas.

Para iso precisamos o impulso de todas vós, porque sen vós este proceso non tería sentido. A ‪#‎MareaConsituínte‬ é un proxecto ilusionante na que todos e todas podemos achegar e participar. É ilusionante porque agora si de verdade chegou o momento do cambio, de mudalo todo, tendo como base a unidade popular e a conciencia de que chegou un momento histórico. Por iso #EuVou30X, por iso queremos que participes con nós que ‪#‎AsinaCosAlcaldes‬ e participes na #MareaConstituínte.