Hoxe, o concelleiro de Cultura durante a rolda de prensa.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou esta mañá un evento musical que permitirá asistir de balde a catro concertos ofrecidos na Capela do Torrente Ballester por destacados violonchelistas

Mañá venres terá lugar o primeiro concerto, ás 20:30, a cargo dos chelistas Carolina Landriscini e Thomas Piel, e o pianista Javier Vila

Ferrol, 7 XULLO.- Ferrol acollerá do 8 ao 14 de xullo catro concertos gratuítos de violonchelo, a cargo dalgúns dos músicos máis destacados do país, no transcurso de 1º Curso de Violonchelo “Verán Soncello 2016”, que permitirá a alumnos deste instrumento musical perfeccionar a súa técnica.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou esta mañá o evento musical acompañado de Carolina Landriscini, responsable do evento que está promovido pola Asociación de Violonchelistas de Galicia.

Os catro concertos terán lugar, con entrada de balde, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, todos ás 20:30 horas. Serán os seguintes:

VENRES 8 XULLO

  • Carolina Landriscini e Thomas Piel, violonchelistas.
  • Javier Vila, pianista.
  • Interpretarán pezas de Igor Stravinsky, de Mainardi, de Piatti e Menotti.

DOMINGO 10 XULLO

  • Xavier Gagnepain, violonchelo.
  • Pezas de Sainte-Colombe, Bach, Dutilleux e Cassado.

MÉRCORES 13 DE XULLO

  • Fernando Santiago, volonchelo barroco.
  • Isabel Figueroa, continuo.
  • Obras de Jacchini, Vivaldi, Geminiani e Boccherini.

XOVES 14 DE XULLO

  • Concerto de clausura cos alumnos e a Orquesta de chelos do curso.

“Temos a obriga de achegar a cultura á cidadanía e era unha oportunidade fantástica para estas xornadas de estío”, sendo ademais “un luxo para os alumnos”, destacou Suso Basterrechea, o poder recibir en Ferrol formación desta calidade.

No curso participan 11 alumnos de xeito activo e outros como ouvintes, procedentes de toda Galicia, que terán a oportunidade de mellorar a súa técnica e coñecementos en Ferrol. Algo posto tamén en valor por Suso Basterrechea, quen lembrou que se está tentando na formación ter “unha liña de colaboración importante co Conservatorio local”.