Fec súmase a demanda de AGE, BNG e PSOE na Cámara galega para indagar no ‘modus operandi’ da Fundación Fesán, que embolsou case 10 millóns en catro anos

Ferrol en Común exixe e súmase a demanda de AGE, PSOE e BNG no Parlamento de Galicia para instar a a apertura dunha comisión de investigación para que o goberno galego aclare a concesión dos contratos adxudicados á Fundación Fesán, afín ao Partido Popular, que ingresou case 10 millóns en catro anos: do 2009 ao 2013.

A Fundación Fesán púxose en marcha no 1997 a iniciativa do exdeputado popular, Jaime Rodríguez Arana, exsubsecretario do Ministerio de Administracións Públicas. Segundo os datos públicos dos que temos constancia, entre o 2009 ata 2013 recibiu case 10 millóns de euros a través de diversos contratos e subvencións.

Moitos deles foron asinados en diversos concellos galegos, entre eles no Concello de Ferrol, na época na que Miguel Tellado formaba parte do grupo municipal do PP como persoal de confianza antes de dar o salto a cámara do Hórreo. Un Miguel Tellado que agora é o principal valedor á hora de negar con insistencia a necesidade de dita comisión de investigación para dar conta das adxudicacións de contratos feitos con esta fundación.

Feijóo_Tellado_novo-portavoz_voceiro-PPdeG
Alberto Núñez Feijoó e Miguel Tellado na fotografía

A pesar das declaracións do propio deputado popular de Ferrol falando e valando a legalidade destas adxudicacións, foi o propio Consello de Contas, o ente que advertiu no seu momento das anomalías nos mesmos; non só polo modo de proceder desta fundación senón pola inexistencia de plubicidade, xa que moitos dos contratos foron adxudicados sen concurso.

E todo isto a pesar de que o presidente da Xunta, o señor Alberto Núñez Feijoó fale de convocatorias abertas, cando a todas luces apuntase a que houbo un posible trato de favor que acabou coa obtención de decenas de subvencións millonarias e contratos en distintas consellerías. A convidou a esta Fundación -ligada íntimamente ao PP- a contratacións negociadas sen publicidade algunha. Unha Fundación que ademáis non posee instalacións nin terreos, o que non fai outra cousa que aumentar as nosas sospeitas.

Dende FeC entendemos que o caso Fesán non é máis ca outro “saqueo das arcas públicas” mediante a creación de entramados empresarias que conforman unha administaración paralela, moi similar ao acontecido coa operación Zeta de Gerardo Crespo, militante do PP e imputado por suposta fraude con supostos cursos de formación que nin existían.

Demandamos a dita comisión de investigación a pesar de que de novo o PP na súa práctica habitual de oscurantismo político tumba esta comisión de investigación sobre as licitacións de contratos e subvencións que están baixo sospeita, amparándose unha vez máis e empregando o rolo da súa maioría absoluta.