Porque estamos cansos de máis do mesmo.
 
Porque é necesario un cambio.
 
Porque precisamos responsables (e nunca mellor dito) políticos que nos ilusionen.
 
Porque a cidadanía queremos participar e facernos visibles na vida política da nosa cidade.
 
Porque queremos ser protagonistas dese cambio tan necesario.
 
Porque Ferrol necesita ser rescatado dese foso negro e profundo no que caeu durante a actual lexislatura do PP.
 
Porque as nosas infraestruturas son inadecuadas e insuficientes.
 
Porque o pequeno comercio está desaparecendo.
 
Porque a nosa ría e os seus recursos están sendo sacrificados.
 
Porque a participación cidadá e os movementos sociais foron amordazados ou iso intentan.
 
Porque os nosos mozos e mozas, teñen dereito a traballar na nosa cidade. Non teñen que marchar.
 
Porque hai demasiadas familias que recorren cada mes aos servizos sociais ou a Cáritas para buscar pagar os seus recibos da luz ou o gas.
Porque xa é habitual ver xente buscando comida nos colectores de lixo.
 
Porque estamos cansos de tantas medidas populistas que non solucionan estas situacións.
 
Porque non queremos que se privaticen os nosos servizos públicos e paguemos taxas por servizos que non recibimos.
 
Porque queremos que se invista en cultura e non que nola impoñan.
 
Porque estamos cansos de tanta mentira.
 
Ferrol en Común implica ilusión. Nace dende o consenso de distintas formacións. Representa a moitos cidadadáns de a pé que queren ser partícipes deste cambio a través destas persoas. Porque queremos e necesitamos o noso espazo de participación política. E, o máis importante, porque sabemos que este cambio tan necesario, é o inicio dunha nova forma de facer política, na que todos temos que ser responsables. Podemos ter diferentes puntos de vista, pero converxemos no máis importante:
 
 NECESITAMOS UN CAMBIO