Con 2000 empregos destruídos máis nos primeiros tres meses do ano, 700 deles industriais, continúa, pinga a pinga, o desmantelamento da nosa cidade sen que os representantes do noso goberno local levanten a voz, nin tan sequera para comentar a gravidade da noticia.
 
O marcado carácter sumiso ao que nos ten acostumados o PP local ponse de manifesto, unha vez máis, co seu silencio, apoiando desta maneira a aqueles que queren disfrazar a verdadeira realidade na que se atopa inmersa o conxunto da nosa sociedade, e dándonos a razón a aqueles que pensamos que aínda queda moito por facer para que a saída desta crise teña consecuencias sobre la economía real.
 
Xa non é tempo de seguir soportando políticas de marcado estilo neoliberal, ditadas desde os gobernos central e autonómico; non podemos perder a oportunidade de que en Ferrol sexa o sector industrial o que nos arranque desta situación, o sector que tira da economía de aquí en adiante, en definitiva, o sector que nos permita deixar atrás un modelo de crecemento baseado en actividades de baixo valor engadido, que rachan á primeira dificultade e que xa quedou demostrado que non é un modelo válido a longo prazo
 
 
 
É máis que evidente que as políticas baseadas na forte restrición do gasto e unicamente encamiñadas á redución do déficit público provocan un empobrecemento social, abolindo dereitos laborais consolidades fai anos e sen que o crecemento económico, como única fonte xeradora de emprego, sexa o obxectivo principal
 
 
 
 
En Ferrol é absolutamente indispensable unha renovación política local cun obxectivo claro: o benestar cidadá, entendido no seu sentido máis amplo, onde os seus dereitos estean por riba das directrices estatais e autonómicas dos partidos tradicionais.
 
Ferrol en Común representa ese cambio político. Formado por un grupo de persoas sen ningún tipo de interese particular e que o seu único obxectivo é traballar e traballar para e co conxunto da cidadanía, como cidadáns/ás que somos. O noso obxectivo non está marcado dende fóra da nosa cidade. A nosa intención é situar a Ferrol como referente industrial do norte de Galicia. Tan só, conseguido o obxectivo, darémonos por satisfeitos