Onte a tarde, Ferrol en Común mantivo un encontro  con persoas inmigrantes no Rincón Argentino, de O Inferniño, onde se abordaron os problemas específicos cos que se atopa este colectivo no eido sanitario, educativo, na súa empregabilidade, nos labirintos da burocracia ou a hora de chamar ás portas do Concello, no que partiparon varios dos candidatos de FeC, como Jorge Suárez, Álvaro Montes, Isabel Domingo, Víctor Muñoz, Esther Leira, Damián Calleja, Patricia Rodríguez, Carlos del Río, e Aurora Rivas 
 
Abordouse en catro blocos: saúde, educación, traballo e lei, do marco xeral estatal o local. No mesmo, fíxose unha referencia a traxedia do Mediterráneo e a experiencia do Ministerio de Movilidade Humano de Ecuador
 
No encontro FeC asumiu o compromiso da creación dunha oficina de atención ao inmigrante, para a súa inclusión social, para a información dos seus dereitos e acpañamento constante na tramitación da inxente burocracia á que os someten as diferentes administracións, e tamén para  a cooperación e respecto a súa cultura e a procura de oportunidades no eido laboral, así como a blindaxe dos seus dereitos en pé de igualdade de todos os inmigrantes. 
 
FeC comprometeuse a manter unha canle de comunicación constante con este colectivo e a impulsar dende o goberno unha atención integral e planificada ao colectivo de inmigrantes, con persoal cualificado que pida servir ás súas necesidades e, ao mesmo tempo, darlles á oportunidade de participar na vida política e nas decisións sobre a cidade que se toman desde un novo goberno que teña como eixo principal a participación de todos e todas.
 
Ferrol en Común considera que os diferentes gobernos municipais non souberon dar unha atención continuada e integral ao colectivo de persoas inmigrantes, para que estes se sintan parte da nosa veciñanza, tanto a nivel educativo, como sanitario ou laboral, e aposta por mudar a exclusión social destas persoas