Onte enchemos o noso local de revolución colectiva e unidade popular.
Estivemos en conversa con Jorge Suárez, Alcalde e candidato á reelección, Xiana López, número 2 da candidatura de FeC e Xose Manuel Beiras, de Anova-IN.

Foi unha honra abrir o noso local á veciñanza para escoitar as verbas do mestre » Non paredes. Facede o de sempre: que a infantería derrote á División Panzer. Falade nas casas, nas rúas, nos traballos. Temos que elixir entre ser libres ou voltar atrás. Ou apoiamos que a unidade popular dea pasos adiante ou vaise cara atrás. Queren bloquear ao goberno do pobo, aos que están ao servizo da xente»

Pola seu banda, Jorge Suárez falou de que «podemos estar en condicións de repetir goberno. Quedou claro que somos xente humilde e traballadora. No outro bloque, o PP e o PSOE das reformas laborais. Ángel Mato podería mirar cara o lado laranxa. Rey Varela estivo 4 anos e só trouxo destrucción social e desemprego»

Por último, a nosa número dous, Xiana López, destacou que «somos xente do común, non profesionais da política. Temos as nosas inquedanzas por facer un mundo máis xusto e defender os intereses de todas»

Agradecemos a presenza de todas aquelas persoas que vos pasáchedes polo noso local a partillar con nós nestas conversas en común. Para nós foi un pracer contar con Beiras amosando o seu apoio a Jorge Suárez e a Ferrol en Común. A unidade popular é o camiño para seguir facendo de Ferrol un #LugardeTodas.