Hoxe estivemos na concentración pola lingua galega, máis necesaria que nunca a súa defensa. Non podemos consentir que se fagan políticas para desterrar a nosa lingua a un segundo plano e se quera impoñer o castelán como lingua única.

Somos galegos e queremos que o galego esté máis vivo que nunca e máis que nunca queremos galego para defender a liberdade, a democracia e a xustiza en Galicia.