Los impostores

En 2015 esta persoa non consigue revalidar a alcaldía. En pago aos servizos prestados por toda unha vida como político profesional cun salario que paga a cidadanía, e llevando al 30% a taxa de desemprego da cidade, é posto A DEDO polo señor Feijoo como conselleiro de política social.

Posteriormente, en 2016, blinda o seu suculento salario presentándose a deputado e revalidando o seu cargo de políticas privatizadoras da vida da xente.

En 2019, contra a súa vontade e , por orde de quen o puxo como conselleiro, volve como redentor cun feixe de promesas surrealistas e inaplicables a Ferrol, coma se nunca gobernase esta cidade de forma caciquil cunha maioría absoluta.

Hoxe sabemos isto. A ética política obrigaríalle a renunciar nun mundo de democracia normalizada. E, cando menos, a asumir un erro grave que ten incidencia nunha materia tan sensible e pedir disculpas. Pero para o partido máis corrupto da historia do país todo parece valer. UNHA VERGOÑA que o PP non obrigue a esta persoa a rectificar e deixar correr a lista.

Por certo, iso non viña hoxe nese panfleto que debeu custar miles de euros que nos endosou o PP de Ferrol dentro do xornal da cidade que tanto me ama.

Jorge Suárez.