RECIMIL, A HISTÓRICA REHABILITACIÓN DUN BARRIO MUNICIPAL

O candidato de Ferrol en Común apostaba hoxe por ampliar as ARIS a San Pablo-Catabois e Canido

Hoxe saímos novamente a rúa, e camiñamos até Recimil, un barrio polo que apostamos e no que cremos, cons feitos mais aló das promesas baleiras dos que pretendederon derrubalo para especular e convertilo nun gueto. Grazas ao intenso traballo feito polo Goberno de Ferrol en Común, hoxe en día está a  piques de iniciarse unha intervención histórica para barrio que comezará esta semana no bloque 1.4 da rúa Dez do Marzal, coa sinatura o martes 21 da acta de replanteo que da inicio a transformación.

A obra actúa sobre os elementos comúns da envolvente da edificación, isto é: cuberta, fachada e fiestras, para mellorar o seu aillamento e, en definitiva, a calidade de vida da veciñanza e da imaxe urbana de Ferrol e  irá acompasada coa rehabilitación interior, con proxecto modulares xa redactados desde a Oficina Municipal de Rehabilitación.

Será o primeiro paso, tal e como destacaabaoxe o candidato de Ferrol en Común, na rehabilitación de todo un barrio, e o proxecto piloto para toda a barriada, un dos mais grandes parques de vivenda pública municipal do Estado, e que pronto terá a súa continuidade na rúas Narón, Ares e Betanzos. 

O noso candidato, Jorge Suárez, estivo acompañado polo arquitecto técnico Miguel Rodríguez Paz, número 7 da candidatura de Ferrol en Común, poñendo en valor o inxente traballo  feito nesta mandato desde a Área de Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, con mais de 46 proxectos redactados entre os que se contan os que xa están en marcha como a Praza de Armas e os inmediatos como a reforma do Mercado de Caranza, a pasarela peonil de Santa Mariña, e a ampliación da Estrada de Pazos en dúas fases, entre outros tantos.

NOVO ARI PARA AS VIVENDAS DE SAN PABLO-CATABOIS E CANIDO

O candidato de Ferrol en Común a Alcaldía de Ferrol reiteraba hoxe a intención da súa equipa de ampliar a especial protección urbanística da ARI as vivendas de San Pablo-Catabois e Canido, tal e como se recolle no programa electoral para o seguinte mandato 2019-2023.  

«Quixera recalcar que acadamos 15 millón de euros de fondos europeos para desenvolver proxectos en Recimil, Ferrol Vello, Esteiro, A Graña e Magdalena, a través das ARIS, e que queremos ampliar a San Pablo e Canido. Así o abordaremos coa Xunta e Fomento. Cómpre non esquecer o traballo feito en accesibilidade cun investimento de un millón de euros en V fases de cruces de peons, ademais dos proxectos preparados para mellorar a accesibilidade nos centros escolares e deportivos que, estou convencido, merecerá un recoñecemento a nivel europeo», rematou Suárez. 

Por último, Jorge Suárez, aplaudía o cambio de parecer do Partido Popular, agora proclive a ‘impresicindible’  peonalización da Magdalena.

“A reforma de Armas está en marcha como tamén o aparcadoiro disuasorio da rúa Alegre e a nova concesión de liñas de transporte en agostoÉ momento de acadar un consenso para a peonalización completa da Magdalena para avanzar como cidade. Unha cidade moderna a medida das persoas ocupando os espazos públicos. Os exemplos de Pontevedra e Lugo son claros; a peonalización fai medrar as cidades, o emprego e o comercio”, rematou.

¿QUÉ FONDOS PÚBLICOS ACADAMOS NESTE MANDATO?

.- 10 millóns de euros para Estratexia Ría de Ferrol 2020 (EDUSI),nun proxecto conxunto con Narón e un reparto dos fondos 70%-30%.

-2,5 millón de euros no programa Programa Interreg Espazo Atlántico, liderando un proxecto ao fronte dun consorcio internacional con outras 8 cidades europeas para alumear o proxecto MMIAH de posta en valor do Patrimonio Marítimo, Militar e Industrial. A Ferrol correspondenlle 554.765 euros.

– 7.000 euros do Civitas Sump para promover Plan de Mobilidade con Axudas Europeas, sendo elexidos con outras 14 cidades europeas.

– 534.029,98 programa Pareer, de Rehabilitación Enerxética de Recimil. (En tramitación)

-163.108, 00 do FEMP para o proxecto de Rehabilitación do Dique da Cabana e Tinglado. FEMP.

-1,5 % Cultural para o Castelo de San Felipe, xunto coa Concellería de Patrimonio (455.581,37)

AXUDAS A REHABILITACIÓN: +de 15 millón de euros investidos nas ARIS

No 2015, Ferrol contaba  con 3 áreas de Rehabilitación, Magdalena Ferrol Vello, A Graña e Esteiro. A estas áreas sumouse en xaneiro do 2017 a Área de Rehabilitación de Recimil, unha boísima nova que abría as portas a consecución de fondos públicos como necesaria inxección na rehabilitación dun dos maiores parques de vivendas de titularidade municipal do Estado.  A

A tramitación das axudas a rehabilitación nas tres Aris no mandato 2015-2019 deu lugar a 556 intervencións cun investimento global de 15 millóns de euros, dos que 4 millóns foron subvencións a rehabilitación dos nosos barrios históricos.

NÚMERO DE PROXECTOS REDACTADOS: 46 POR UN IMPORTE DE 15 MILLÓNS DE EUROS

1.     -Praza de Armas.

2.     -Carretera de acceso ó Cementerio de Serantes.

3.     -Reforma Mercado de Caranza Fase 1

4.     -Local de Arraigo.

5.     -Proxecto de Acondicionamento do Dique da Cabana e Tinglado

6.     -Praza da Escola das Pedreiras

7.     -Expropiacións de Basanta e Espiño.

8.     -Pista Polideportiva Mandiá.

9.     -Urbanización Estrada de Pazos Fase 1

10.  -Urbanización de Espartero

11.  -Urbanización Carme Curuxeiras

12.  -Obras de reparación do Ateneo

13.  -Obras de Reparación do Toxos

14.  -Fachadas e Cubertas da SGHN

15.  -Oficina de Atención ao Peregrino

16.  -Accesibilidade Centros Deportivos

17.  -Accesibilidade Centros Docentes

18.  -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en 10 de Marzal. Recimil.

19.  -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Naron 1-6. Recimil.

20.  -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Ares 1-2. Recimil.

21.  -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Betanzos. Recimil.

22.  -Iluminación da Magdalena, 1ª Fase

23.  -Iluminación do Cantón de Molíns .

24.  -Proxecto da Cuberta de Xogo de Chave. Serantes.

25.  -Accesibilidade Cruces de Peóns 2ª Fase

26.  -Accesibilidade Cruces de Peóns 3ª Fase

27.  -Accesibilidade Cruces de Peóns 4ª Fase

28.  -Accesibilidade Cruces de Peóns  5ª Fase

29.  -Aparcamento Disuasorio na Rúa Alegre

30.  -Aparcamento Disuasorio no CHUF

31.  -Reformado das Obras de Urbanización da Rúa Basanta

32.  -Proxecto de Mobiliario de Ferrol Vello

33.  -Adaptación do Proxecto de Mobiliario de A Magdalena

34.  -Rehabilitación do edificio do Toxos e Flores

35.  -Urbanización Fenya

36.  -Urbanización Vinculeiro

37.  -Memoria Valorada para acondicionamento de 9 vivendas en Recimil.

38.  Alternativa Ponte de Santa Mariña.

Concellería de Patrimonio Histórico

39.  -Rehabilitación da Casa de Cureñas. San Felipe

40.  -Rehabilitación da Casa do Comandante. San Felipe

41.  -Rehabilitación de Caseta de Vixiantes. Castelo de San Felipe.

42.  -Limpeza de Batería Baixa.

43.  Acceso a capela de Santa Comba

44.  – Rehabilitación integral de lavadeiros de Brión, Esmelle e Balón.

45.  -Consolidación de Parte Alta da Casa do Gobernador e eliminación de elementos descontextualizados

46.  -Memoria Valorada da evacuación de augas do Castelo de San Felipe