O pasado martes tivo lugar unha xuntanza no noso local á que respostaron moi positivamente as entidades sociosanitarias da nosa comarca, como Cáritas, Teima, Diversidade Funcional, Dignidade, Asfedro, Concepción Arenal, Alcer, Cogami e outras tantas as que agradecemos moitisimo o tempo que nos adicaron e todas as achegas e demandas feitas nesta xuntanza e nestes catro anos, ás que tratamos de dar cumprida resposta para recoñecer o traballo impagable do seu día a día. 


Ben que nos alegra contar cun tecido asociativo dinámico, implicado, activo e reivindicativo na defensa das pequenas grandes cousas, desde un paso de peón mais accesible ate maior axilidade administrativa na tramitación dos convenios e subvencións.

Profundaremos no traballo en rede para coordinar e ampliar recursos, mellorar a atención e evitar duplicidade como fai a Mesa de Coordinación de Persoas sen Fogar que veu funcionando neste mandato.


Escoitar, aprender, cooperar e traballar xuntos, man a man, na meta común: igualdade, xustiza social nunha cidade mellor na mellor cidade.