Deixámosvos unhas imaxes e unhas frases que resumen perfectamente o acto de onte:

«A voz de Galicia volverá a publicar o luns 27 unha foto dun rapaz, con máis canas e un pouco máis vello, co puño en alto e dicindo «cambio histórico» .

«É momento de facer balance… tivemos un mandato con moitas dificultades, tivemos pactos do PP e PSOE que nos quitaron os nosos soldos, tivemos concelleiras que foron tratadas de forma machistas nas comisións sistemáticamente, tivemos unha concelleira á que lle quemaron o coche, tivemos múltiples dificultades nos medios de comunicación para expresar as nosas propostas en positivo…»

«É o momento de escoller, un goberno coma vos ou un goberno cun conselleiro de benestar antisocial e de reganosa, que esconde as siglas do seu partido, seguramente porque é o máis corrupto de toda a historia da democracia» dicía Jorge Suárez

«Quero abrir unha ventá de esperanza. O 26M a opción é Ferrol en Común ou o partido dos recortes. Ferrol en Común é un cambio histórico» Jorge Suárez.

«Se non nos mobilizamos Rey Varela terá a alcaldía. Fago un chamamento aos barrios de Ferrol para revalidar de novo a Jorge Suárez»

«O 26M hai que dicirlle á xente do naval, ás mulleres, ás traballadoras e ás persoas en paro que teñen que erguerse para votar a Ferrol en Común» berraba Yolanda Díaz.

«Ferrol é referente nas loitas obreiras, cidade que sabe poñer o común por diante. Queríannos separadas, pero estamos en Ferrol construíndo unha Galicia en común»

«Un bo resultado a nivel europeo e local é fundamental para construír un Goberno forte e progresista. Este 26M todas con Ferrol en Común» amosaba Antón Gómez Reino.

Pablo Iglesias comeza destacando que «es un orgullo estar en Ferrol apoyando a nuestro Alcalde, que ha sido ejemplar»

«Es muy importante que en las elecciones del domingo el peso que podamos tener en el poder municipal, en los gobiernos autonómicos.. sea grande, para que estemos más cerca de administraciones que trabajen al servicio de la gente» Pablo Iglesias.

«Por eso es tan importante que Jorge siga siendo Alcalde, porque lo que ha hecho en esta ciudad nos da fuerza, es un ejemplo de que se pueden cambiar las cosas desde los gobiernos. Adelante! Si se puede! Jorge va a seguir siendo Alcalde!» así remataba a súa intervención Pablo Iglesias.