Malia que algunha vez non nos entendamos, esta cidade paga moito a pena. Grazas a toda a xente que foi tan agarimosa comigo, de toda ideoloxía e condición, sentinme moi ben tratado pola rúa, que é a mellor rede social.
Aprendín moito, cometín erros, crecín como persoa e coñecín xente marabillosa. Tratei de facelo o mellor posible
A democracia falou e deume a oportunidade de seguir traballando pola cidade. Con calma, cabeza e tamén corazón. Noutras condicións ben distintas.