Pleno do Concello

Votamos a favor da proposta de continuidade do contrato do servizo de axuda no fogar porque coñecemos a importancia que ten este servizo básico para as persoas dependentes e pedímoslle ao goberno que mellore os novos pregos cunha maior cobertura e non precarice a situación laboral das traballadoras de axuda no fogar.

Xunto co BNG e Fridays For Future presentamos unha moción en relación á declaración de emerxencia climática instando ao concello e ao resto de administracións a establecer compromisos e políticas para conseguir a disminución do impacto da crise climática para as presentes e as futuras xeracións.

Unanimidade na nosa moción de apoio aos doentes de parkinson que exixen melloras no servizo de apoio á mobilidade persoal dependente da Xunta.

O goberno municipal decidiu deixar sen recursos ao tecido social da cidade votando en contra da nosa moción para que siga adiante a adxudicación de locais en Porta Nova.

A clase traballadora de Ferrolterra precisa que os gobernos miren cara eles e se fagan políticas centradas nas persoas e non nas empresas. Nós estamos do seu lado, do lado dos traballadores/as do naval e de As Pontes, e apoiamos as súas reinvindicacións no Pleno.