Ferrol, 28 de outubro de 2019

Ferrol en Común amosa o seu apoio ao ex secretario comarcal da CIG en Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, que vai a ser xulgado por defender á clase traballadora e solicita a súa absolución por considerar inaceptable o proceso que está a sufrir xa que é un claro exemplo de represión e criminalización do sindicalismo e mobilizacións sociais, coas que simplemente búscase reclamar os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora da súa condición de vida.

É tal o rexeitamento a este proceso, que somos moitas e moitos os que nos sumamos para pedir a absolución do compañeiro Xesús Anxo López Pintos e dende Ferrol en Común queremos celebrar a unidade sindical, máis importante que nunca nestes momentos en que a represión do estado quere silenciar as nosas demandas.

Por todo isto, sumámonos e facemos un chamamento a participar na mobilización de mañá martes 29 de novembro ás 20h na Praza Amada García para arroupar a Xesús Anxo López Pintos e pedir a súa absolución.