Ferrol, 29 de outubro de 2019

O Grupo Municipal Ferrol en Común, ven de presentar en rolda de prensa as dúas mocións que levará ao Pleno Ordinario do mes de outubro.

A primeira delas é para instar ao actual goberno á construción do aparcadoiro disuasorio de Canido, unha demanda da propia veciñanza do barrio que púxose en marcha polo anterior goberno de FeC, dentro do seu proxecto de cidade, unha zona centro despexada de vehículos e centrada nas persoas, pero que o Alcalde, Angel Mato, ten a intención de paralizar sen causa xustificada, incluso cando o tecido social amosa o apoio á construción de dito aparcadoiro.

O procedemento está aberto, con orzamento consignado de 136.843,23€, IVE incluído, aberto o sobre A e feita a valoración técnica das dúas empresas presentadas, hai asinado un contrato de arrendamento da parcela, é compatible co PXOM e a Lei do solo e o propio informe dos técnicos municipais é favorable.

A intención desta moción é “que os grupos políticos se posicionen e insten ao actual Alcalde, ao que parece que lle costa moito tomar decisións, e que adxudique definitivamente un proxecto para o que xa hai crédito e crea máis de 100 prazas de aparcadoiro”, polo que esperamos obter o apoio suficiente para reconducir a situación e acadar fitos nunha cidade máis acorde co Plan de Mobilidade.

Na segunda moción solicitamos a creación dunha mesa de traballo para o impulso e divulgación cultural de Ricardo Carvalho Calero aberta ás forzas políticas e sobre todo ao tecido cultural da nosa cidade que leva anos traballando niso, como Bernardo Máiz, Pepe Dobarro, Xosé Manuel Pazos e Víctor Santalla, entre outros “cos que o goberno anterior tivo unha relación estreita con xornadas todos os anos para a difusión da obra do profesor e incluso visitas á Real Academia Galega” di Jorge Suárez; persoas que levan feito un gran traballo e “se merecen, logo de tantos anos de loita pedindo este recoñecemento, que se lles dea entrada nestas mesas de traballo” que consideramos unha obriga da administración pública para expandir todo o coñecemento cultural aos máis novos da obra de Carvalho Calero, “como están facendo xa os centros escolares pola súa conta ante a falta de resposta institucional”.

Por último, amosar o noso apoio ao compañeiro Pintos no proceso xudicial que está a sufrir pola defensa da clase obreira, como así o faremos no Pleno Ordinario de outubro a través dunha moción a iniciativa do Alcalde á que por suposto sumámonos.