Ferrol, 30 de outubro de 2019

O voceiro e a concelleira do grupo municipal de Ferrol en Común, Jorge Suárez e Xiana López, mantiveron un encontro cos placeiros de Caranza no propio mercado para constatar o avance da reforma do mercado municipal e intercambiar opinións sobre a obra.

A remodelación deste mercado municipal foi un investimento de cidade moi importante realizado polo anterior goberno de FeC. Esta intervención permitirá mudar por completo a faciana do mercado e será, sen dúbida, un revulsivo para a vida no barrio cun novo e moderno mercado municipal axeitado aos tempos e as necesidades actuais e que implica unha aposta polo comercio de proximidade, local e de atención personalizada, fronte as grandes superficies comerciais.

Os placeiros de Caranza amosaron a súa ledicia por ver, al fin, unhas obras no mercado demandas dende fai case 30 anos pola veciñanza e que suporán unha mellora nos seus postos de traballo.

Este proxecto sempre foi prioritario como empeño de cidade para Ferrol en Común e compartimos a súa dita vendo que é unha realidade inminente.

Jorge Suárez e Xiana López co presidente dos placeiros Carlos Basoa