Ferrol, 30 de outubro de 2019

O Imserso dispón de dous centros de atención con diversidade funcional na provincia da Coruña cuxa actividade principal é a de prestar servizos de residencia, sanitarios e sociais. Nestes centros existe un elevado número de postos de traballo vacantes así como enormes déficits de persoal derivados dos recortes realizados nestes últimos anos coa non cobertura de xubilacións, incapacidades, traslados, etc. A situación é tal, que nos últimos 4 anos fixéronse máis de 3000 contratos eventuais para cubrir as necesidades máis urxentes, sendo este modelo de contratación precario.

Dende Ferrol en Común, denunciamos esta situación inaceptable que estase a vivir nos centros do Imserso nos que non se conta cunha atención aceptable aos pacentes que a precisan por falta de persoal e que ademais sitúa ás mulleres que traballan alí nunha precariedade laboral inadmisible para unha Administración Pública encargada de combatela.

Queremos tamén facernos eco da reclamación do Comité de Empresa en canto a remodelación integral das instalacións do CAMF, xa que non se acometeu nin unha soa reforma en profundidade en 28 anos, coas deficiencias que eso conleva coma problemas de accesibilidade, avarías constantes, problemas de eficiencia enerxética…

Por todo elo, Ferrol en Común participou na mobilización de hoxe, para reclamar unha mellora dos servizos públicos de atención a persoas con diversidade funcional do Inmerso na provincia da Coruña.