Pois xa é unha realidade, o novo goberno local abandona a campaña “En Negro contra as violencias machistas” na que participan máis de 100 concellos e 3 deputacións, e presenta a súa propia cunha liña máis positiva.

Pois ben, nin entendemos nin estamos de acordo con que o 25N, unha data que serve para amosar a repulsa cara as violencias de xénero que as mulleres están a sufrir por parte das súas parellas, concienciar á sociedade sobre esta lacra que afóganos e demandar un pacto de estado en materia de igualdade, teña nin un ápice de positivo.

Poñer a unha muller valente e combativa fronte ao seu agresor non é máis que poñer o foco de novo na vítima. Nun 25N onde levamos máis de 30 mulleres asasinadas neste ano e máis de 1000 dende 2003 non ten ningún sentido que o goberno local queira darlle un toque positivo.

É lícito chegar ao goberno e querer facer as túas propias políticas e poñer en marcha os teus propios proxectos, pero tamén é lícito equivocarse.

Unha campaña que funcionaba e que cada vez implicaba a máis persoas, que estaba respaldada por gran parte do tecido asociativo, social, cultural, empresarial, deportivo…de esta cidade, desaparece.

O revisionismo deste goberno chega incluso a temas nas que a unidade debería de ser unha obrigación política.