Hoxe o alcalde atendeu a nosa reivindicación dunha posición institucional unitaria que se levará ao pleno de mañá:

Ferrol en Común solicita por vía de urxencia unha declaración institucional para esixir que o Centro de excelencia do sector naval se quede na comarca

FeC considera que a decisión de levar a Compostela unha instalación tan importante para o desenvolvemento industrial vinculado aos estaleiros públicos non se sostén e ten que ser rectificada de inmediato, polo que propón ao alcalde de Ferrol que convoque de xunta de voceiros co fin de incluir un punto extraordinario na orde do día do pleno de mañá en forma de declaración institucional, onde se considere:

1.- Recoñecer a dramática situación do sector naval público a curto prazo pola falta de carga de traballo en tanto non se materialice o inicio da construción das F110 e non se renuncie á construción da demanda da Armada dun AOR para suplir as carencias do Patiño, sen doble casco, e que non cumpre as normativas esixidas, que suporá unha sangría no eido laboral con perda de competividade e rendas de traballo.

2.- Instar a Navantia a asinar unha addenada ao acordo con Siemens para a centralización desa instalación na nosa comarca, co fin poder desenvover o centro de excelencia do sector naval en Ferrolterra, e poder crear as sinerxias necesarias coa Universidade, industria auxiliar do sector, Navantia e organizacións sindicais, non comprensible sen a proximidade necesaria.

3.- Instar á Xunta de Galicia a facilitar o desenvolvemento desta actividade nunha instalación infrautilizada como é o CIS da Cabana.

Dende Ferrol en Común consideramos que só dende a unidade de acción e cun pronunciamento político como cidade, deixando atrás os intereses partidistas, a corporación municipal pode estar a altura do que se lle demanda e acadar o que se pretende, representar adecuadamente á cidadanía e situar a Ferrolterra como polo industrial de máximo relevo no pais.