Neste Pleno de decembro aprobouse a adhesión do Concello de Ferrol á Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Un traballo iniciado no noso mandato pola concelleira Rosa Méndez, que pulou por reinvindicar a importancia que ten a nosa cidade como punto de partida do Camiño Inglés e que agora da os seus froitos.

O PP presentou unha moción doutro tempo, coa que pretendía recuperar un servizo do 2015 que a día de hoxe non ten cabida. A atención ao colectivo de persoas sen teito está dende 2017 coordinada a nivel técnico por unha mesa que púxose en marcha no mandato de Ferrol en Común, e da que forman parte a administración local, o servizo galego de saúde e entidades que traballan no eido da exclusión social. O recurso social que presenta o PP é propio de modelos basados na beneficiencia xa superados e pretende dar resposta a unha necesidade que xa está sendo atendida cun maior nivel de coordinación e pericia técnica, e por todo elo votamos en contra da súa moción, que non saíu adiante por quedarse só defendéndoa.