Luns 13 de xaneiro

Xuntanza de traballo
Esta semana comenzou como cada luns coa xuntanza do grupo municipal e a coordinadora de FeC para organizar o traballo.

Martes 14 de xaneiro
Comisión Especial de Contas
O voceiro de Ferrol en Común asistiu á Comisión Especial de Contas, que ten carácter quincenal e na que trátanse todo o relativo ás contas do concello. Nesta comisión solicitamos todo o expediente dos pagos que se fixeron ao Consorcio Galego de Benestar os cales van con reparo da Intervención municipal, xa que ningún técnico certificou que se realmente débese esa cantidade. O goberno actual segue a mesma liña de opacidade xa que non dan resposta ao resto de grupos municipais sobre a información solicitada en materia de contratos menores. Para rematar, este goberno presume de regularizar contratos pero a verdade é que superan ao
goberno de FeC no número de servizos sen contrato.

Mércores 15 de xaneiro
Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación.
Jorge Suárez, asistiu a esta Comisión, unha vez máis, valeira de contido e sen dar resposta ás numerosas preguntas plantexadas en cada comisión. Solicitamos o cumprimento da nosa moción relativa a dotar de un local á Asociación Veciñal de Ultramar, que foi aprobada en Pleno e fixemos fincapé na recuperación do expediente para a rebaixa da taxa de saneamento.


Xoves 16 de xaneiro
Comisión Informativa de Benestar Social, Igualdade, Muller, Mocidade e Patrimonio Histórico.
A concelleira de FeC, Xiana López, asistiu a esta Comisión, nela ditaminamos afirmativamente a proposta de prórroga forzosa do Contrato de Servizo de Axuda no Fogar correspondente a libre concorrencia e que finaliza o 31 de xaneiro, por responsabilidade política, e reiteramos o noso apoio para que coa maior dilixencia posible, se resolva o novo contrato do servizo, no que se contemple unha maior e mellor cobertura dun servizo fundamental para atender tanto ás persoas en situación de dependencia como naqueloutros casos en que os técnicos do departamento de ss.ss deste concello así o estimen axeitado, e que como non, non precarice a situación das traballadoras das empresas licitadoras.
Non puidemos contar novamente nesta comisión coa presenza da Concelleira de Igualdade, destacando desta área que a casa da muller continua ausente dunha programación de actividades, contrato que se iniciara en abril do 2019, cando FeC deixou o prego en contratación.

Venres 17 de xaneiro
Comisión Informativa de Cultura, Deportes, Educación e Festas
Suso Basterrechea e Jorge Suárez asistiron a esta Comisión onde fixeron constar a nosa opinión sobre a programación cultural presentada o pasado día, parécenos unha programación moi pobre e cunha posta en escena exaxerada para un contido que nin de lonxe achégase en variedade, calidade e respecto a cultura local.
Continúa a falta de respecto á democracia na corporación, unha vez máis dáse conta antes aos medios de comunicación que abrir un debate en comisión informativa como sería de rigor.
En canto a deportes, facémonos unha pregunta: onde quedou a promesa electoral de recuperar inmediatamente o padroado de deportes? Mentres ese tema nin se toca, o mantemento das instalacións deportivas é nulo e súfreno os nenos e nenas que practican deporte de base.
Durante o noso mandato reparamos parte da piscina da Malata, luces, tarima e cuberta do Polideportivo da Malata e caldeira da piscina de Caranza. Tamén habilitamos Fimo como recinto deportivo nas naves 1,2 e 3. Polo momento, o goberno actual coa sua desidia so progresa en deixar que que pechen por derribo os espazos públicos da cidade para uso deportivo.
No tema de festas, non estamos moito mellor, continúa a subxetividade e os criterios opacos á hora de seleccionar producións, menosprezando a unha industria cultural local consolidade e variada que levan 6 meses vendo como apóstase por importar infraestruturas e eventos de baixa calidade afundindo a xente de aquí que levaban un traballo consolidado de 4 años.
Doutra banda, dáse unha nova mostra de desprezo cidadán co tema das comparsas, un traballo case altruísta que no noso mandato baseábase na cooperación e participación para a organización do entroido comezando coas xuntanzas no mes outubro. Polo momento nin as comparsas nin nos temos constancia de ningunha comunicación.

Rolda de prensa Cofradía de Pescadores
Este venres, tamén estivemos en Barallobre apoiando á Cofradía de Pescadores nas súas peticións á Consellería do Mar para realizar diferentes actuacións que devolver a ría a súa riqueza, xa que se non, moitas familias da comarca quedáranse sen o seu sustento pola perda dos seus traballos.