Ferrol, 29 de xaneiro de 2020 

O goberno do PSOE volve a incumprir a nosa moción aprobada por unanimidade no Pleno de outubro na que pedíamos que se convocase unha Mesa de traballo formada polos grupos municipais e polo tecido social da cidade que tanto tempo leva loitando para conseguir a merecida homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas.

Este goberno pensou que podía lavar a súa imaxe convocando unha xuntanza sen contido unicamente cos grupos municipais, censurando a participación a outros grupos e asociacións con intereses neste tema, como ben sendo a tónica habitual.

Como non podía ser doutra forma, a xuntanza non se levou a cabo por respecto ao resto do tecido asociativo, que son unha das partes máis importante na organización dun calendario de actividades para homenaxear a figura de Carvalho Calero.