Ferrol, 29 de xaneiro de 2020

Ferrol en Común presenta tres mocións no Pleno ordinario que terá lugar mañá xoves. A primeira delas é para pedir a ampliación da residencia de maiores de Caranza, dende FeC non queremos entrar no debate enrocado de se é mellor ubicala no Boial ou no Bertón, xa que estamos convencidos de que á mellor opción é ampliar a residencia de maiores de Caranza xa que, como explicaba Jorge Suárez esta mañá “pódese garantir ao 100% que se cubra o servizo dende unha xestión pública, ademais é un aforro en eficiencia compartindo cociñas, suministros e servizos o que suporía un aforro e creación de emprego público” cousa que para nos sería unha gran noticia xa que “é a mellor maneira de xestionar un servizo social que nunca debera estar en mans privadas” concretaba Suárez.

Queremos recordar que no goberno do bipartito encargouse un proxecto para levar a cabo esta ampliación, polo que entendemos que o PSOE debería respaldar esta moción. E incluso o señor Feijoo fixo unha reserva de crédito para sacalo adiante.

Gustaríanos destacar que esta moción está consensuada cos traballadores e traballadoras que dedican a súa labor diaria a coidar dos maiores e dependentes nos centros públicos e a súa experiencia neste eido é a mellor defensa para exixir a ampliación da residencia de maiores de Caranza.

Doutra banda, presentamos unha moción que respalda á sanidade pública, “sabemos que hai queixas dos usuarios polas listas de agarda, os PAC teñen persoal insuficiente, os propios profesionais alertan da situación que se está a vivir nos centros de atención primaria” por todo isto, apuntaba Suárez, “precisamos outra mobilización para que os poderes públicos desperten” e traten á sanidade pública como un servizo primordial e de calidade para toda a cidadanía.

Por último, presentamos unha moción chamada “dignificación do exercicio do cargo público” coa que queremos darlle ao Pleno a oportunidade de rectificar un erro cometido no anterior mandato. “Como todas sabedes, o goberno de FeC viviu nunhas circunstancias bastante particulares, cunha ruptura do pacto de goberno e quedando en minoría, pero para como foi todo estamos fachendosos de ser quen sacamos adiantes proxectos históricos nesta cidade, pese a que outros grupos puxéranse de acordo para sacar adiante medidas de baixa política como é retirar as dedicacións para que o goberno municipal non puidera desenvolver a súa labor con dignidade” lembraba Jorge Suárez. “Esta moción non é por cuestións económicas se non para rectificar unha decisión indigna para a política” recalcaba o voceiro de FeC.

A propia sentenza recurrida di textualmente o seguinte:

Estimar la demanda declarar la nulidad del acuerdo al apreciarse la desviacion de poder alegada y en consecuencia condenar a la administración demandada a reintegrar las dedicaciones exclusivas y las reducciones que de ellas se deriven correspondientes al anterior acuerdo de fecha 2 de julio de 2015.”

Polo que dende Ferrol en Común cremos que o que di a xustiza debera acatarse e non facer un pacto de forzas novamente, pois aínda estamos a tempo de rectificar.