Ferrol en Común súmase e fai un chamamento á mobilización do 8M baixo o lema: “Sen coidados non hai vida, mudando o sistema, derrubando o patriarcado”

Ferrol, 5 de marzo de 2020

Ferrol en Común súmase e fai un chamamento á participación na mobilización convocada polo movemento feminista este domingo 8 de marzo ás 12.00h baixo o lema: “Sen coidados non hai vida, mudando o sistema, derrubando o patriarcado”, coa fin de apoiar ás compañeiras na reinvindicación dos seus dereitos.

Somos conscientes dos avances normativos que se sucederon a través do tempo para dar recoñecemento e promover a igualdade entre mulleres e homes e do gran traballo que estase levando a cabo polo goberno progresista do país neste eido; pero non debemos cesar na loita, pois seguen asasinándonos, maltratándonos, violándonos, tratándonos con desigualdade fronte aos homes, feminizando os traballos de coidados.

Polo que este 8 de marzo, Ferrol en Común volverá a saír as rúas para facerlle fronte ao machismo e fai un chamamento para que ninguén quede na casa e acuda a esta mobilización.