Ferrol, 8 de febreiro de 2020

Como cada ano, o 10 de marzo conmemórase o día da clase obreira galega. Esta é unha data clave na nosa memoria. No ano 72, viviuse en Ferrol, quizais, o momento máis complicado da loita de clases. Os traballadores de Bazán, en plena ditadura, rebeláronse fronte as condicións laborais nas que estaban a traballar. As protestas leváronse dúas vidas por diante, as de Amador e Daniel, e medio centenar de feridos.

Dende aquela, non esquecemos, e todos os anos unímonos de novo para reclamar melloras laborais, xa que por moito que pase o tempo a clase traballadora segue sendo a última prioridade nas axendas dos gobernantes.

Aínda que co novo goberno progresista ás melloras para as traballadoras e traballadores do noso país son palpables, non podemos abandonar a loita pois debemos de seguir sendo a voz que se escoite para que se continúen no camiño de poñer a clase traballadora no centro.

Ferrol en Común apela á unidade sindical e apoia todas as manifestacións que terán lugar o vindeiro martes 10 de marzo e nas que participaremos, así como no acto institucional que organiza o Concello de Ferrol ás 11.30h no Monumento 10 de Marzal.

Facemos un chamamento a acudir á convocatoria todos xuntos para berrar máis forte que nunca que a loita obreira segue viva.