Ferrol, 10 de marzo de 2020

Os cines Duplex son a única sala de cine coa que conta a nosa cidade. Aportan un valor cultural e patrimonial de primer orde, e tal e como apuntaba hoxe o concelleiro Suso Basterrechea “o Concello ten a obriga de tratar de contribuir ao mantemento de esta sala”.

O Duplex especializouse na proxección de películas independentes e en versión orixinal, ademáis de ciclos de cine clásico e outras tendencias ou ciclos con fins sociais.

Recentemente colleu as riendas deste proxecto outra xerencia apostando pola mesma liña de cine, “ofertando á cidadanía de Ferrol films distintos, de calidade e fora do circuito comercial” apuntaba Basterrechea, “onde é posible ver algunha das mellores películas independentes que se están a facer con presenza do seu director como foi por exemplo O que arde” apuntaba o edil, ademáis de servir de apoio a centros escolares.


Durante os últimos anos o Concello de Ferrol asinou un convenio cos Cines Duplex que permitía a exhibición de diversos ciclos de carácter gratuito para o público e co que se mantiña un apoio constante a súa actividade; pero parece que novamente o goberno municipal quere dar un paso atrás e non renovar dito convenio, polo que, como ben explicaba Suso Basterrechea “entendemos que o Concello, ante as dúbidas que parece que existen, ten a obriga de manter ese apoio incondicional a sala Duplex”, sendo unha forma máis de apoiar a cultura na nosa cidade.