Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC presenta as súas mocións para o Pleno de xuño

Publicada el junio 19, 2020junio 19, 2020

Ferrol en Común ven de presentar as súas mocións para o Pleno Ordinario do mes de xuño que terá lugar o vindeiro xoves 25, por primeira vez dende a declaración do Estado de Alarma, de xeito presencial.

Moción para a reactivación do tecido deportivo na cidade

Presentamos unha moción para a reactivación do tecido deportivo na cidade solicitando a creación dunha Mesa Sectorial do Deporte que semelle ao antigo Padroado de Deportes eliminado polo goberno do Partido Popular. Doutra banda, exiximos a intervención doutras administracións coma a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña para o mantemento das instalacións deportivas coas que conta o Concello e a construción de novas infraestruturas que permitan un mellor desenvolvemento do noso deporte base.

Todo o solicitado daría resposta a unha situación límite que estase a vivir no mundo deportivo da nosa cidade, non só a día de hoxe, se non dende fai moito tempo xa que é un ámbito que por sorte, está a crecer exponencialmente e o Concello non ten capacidade cos recursos actuais para darlle unha resposta acorde as necesidades.

Moción para a aprobación da contratación da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Ferrol

O servizo de axuda a domicilio é un piar fundamental na obrigada asistencia social que unha administración debe prestar ás persoas máis vulnerables.

Dende FeC, xa formulamos achegas ao novo prego e demandas a Xunta de Galicia para que non sobrecargue aos concellos asfixiados con escaseza de medios polas lexislacións que provocaron recortes en persoal e medios materiais. Tamén incidimos na forma de prestación do servizo, que nun futuro pensamos debe ser de prestación directa e non a través de empresas, para unha maior eficiencia, control e aforro tanto ás persoas usuarias como as traballadoras.

O contrato de este servizo supoñe un alto custo para o concello, con cantidades previstas para o 2020 de uns tres millóns de euros, en 2021 de máis de cinco millóns de euros e en 2022 dous millóns de euros.

Logo de pasar por comisión de benestar, non entendemos como se pode dilatar no tempo un contrato esencial coma é este, polo que presentamos esta moción para solicitar a convocatoria dunha comisión e pleno extraordinario no prazo de 15 días para a aprobación da contratación da prestación do servizo de axuda no fogar.

Moción en defensa do emprego e apoio aos traballadores e traballadoras do sector industrial

O sector industrial galego está sufrindo. E a pandemia da Covid-19 non fixo mais que acelerar una decadencia que xa estaba augurada.

A falta dunha estratexia empresarial concreta e dunhas políticas industriais que sexan capaces de garantir emprego de calidade é un problema estrutural que padecemos dende fai xa moito tempo e que levounos a posicionar ao noso país no “top 5” de comunidades autónomas con máis ERTES e despidos a causa do coronavirus, sendo sorprendentemente unha das menos afectadas pola pandemia. Isto non ven mais que a poñer de manifesto as finas liñas que sosteñen ao noso tecido industrial.

Noa Madera Creativa, Cándido Hermida, Navantia, Alcoa, Caamaño… unha lista interminable de empresas que contribúen a desertización industrial e económica de Galicia, mentres as administracións competentes permanecen caladas e sen traballar cara un plan que garanta unha industria forte e solvente que en consecuencia afiance postos de traballo de calidade.

Por todo elo, presentamos esta moción coa que queremos amosar todo o noso apoio e solidariedade cos traballadores e traballadoras que se enfrontan nestes momentos a un futuro incerto e instar á Xunta de Galicia e ao goberno central do Estado a tomar medidas contra a desertización industrial con axudas directas e intervención de empresas de ser necesario.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Fernando, o gavilán enero 14, 2021
  • FeC considera que as axudas do PAME III son insuficientes e chegan tarde diciembre 28, 2020
  • FeC demanda solucións inmediatas, áxiles e reais para os sectores vulnerables diciembre 21, 2020
  • Un ano perdido diciembre 19, 2020
  • FeC cualifica o 2020 coma “ano en branco” en políticas de igualdade diciembre 18, 2020
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información