Ferrol, 22 de agosto de 2020

O feminismo debe estar presente en todas e cada unha das administracións, velando por unha igualdade real tanto dentro coma fora, perseguindo a través das súas accións unha sociedade cada vez mais igualitaria. Por isto é tan esencial o traballo dende unha Concellería de Muller e Igualdade, onde deben abordarse as políticas feministas sen pausa e sen banalidade, porque é a nosa loita levada ás institucións.

Pero en Ferrol non temos a sorte de contar cun goberno que pense coma nos, mais ben temos un que relega á Concellería de Muller e Igualdade a unha área menor, sen darlle a mais mínima importancia a que por exemplo este ano 2020 sexa o primeiro no que non se leven a cabo os campamentos Peque-educa para a conciliación familiar, renunciando incluso a unha subvención para a súa posta en marcha. Así como tampouco póñense vermellos vendo como a Casa da Muller leva pechada meses e meses sen dar atención presencial cando non existen motivos técnicos nin de seguridade para non facelo.

Dende Ferrol en Común cremos que o goberno actual esqueceuse da existencia desta concellería e da importancia da mesma. Dende que gobernan, non houbo programación de actividades na Casa da Muller como víñase facendo ano tras ano, non convócase ningún tipo de subvención para proxectos que fomenten a igualdade como facíase con anterioridade, non lévanse a cabo cursos nin obradoiros de ningún tipo… dende o 15 de xuño de 2019, data da toma de posesión do novo goberno, podería dicirse que esta concellería é inexistente. Xa non pedimos novas ideas pero e que ni tan sequera se lle deu continuidade a proxectos coma a revista Machina ou a celebración do Día do orgullo LGTBI, que viña collendo auxe nos últimos anos. 

FeC considera intolerable que unha concellería desta índole limítese a facer unha campaña ao ano e celebrar a Gala da Muller. A Covid non pode servir de escusa para unha inactividade permanente que levamos sufrindo mais dun ano, antes da pandemia e despois da pandemia, pois non se espera mas movemento do que hai agora, ningún. Mentras,  en outras cidades coma A Coruña, Santiago, Vigo… gobernadas tamén polo PSOE a actividade da concellería de igualdade retomouse adaptándose as circunstancias actuais e aos protocolos establecidos, pero sen quedar estancada e paralizada coma ocorre en Ferrol.

Ferrol en Común, atópase total y absolutamente decepcionado pola xestión deste goberno chamado progresista, que en canto ten a oportunidade amosa uns valores que non son propios dese adxectivo coma o feito de querer deixar sen subvencións nominativas aos clubs deportivos femininos.

Nin entendemos esta actitude nin moito menos a compartimos, pois dende Ferrol en Común sempre intentamos traballar activamente en prol da igualdade. Somos conscientes de que o tempo que estamos a vivir é complicado, pero por iso hai que traballar mais que nunca e reinventarse para poder adaptar a administración á nova realidade; pero tamén somos conscientes de que este baleiro non é novo na concellería, existe dende que Angel Mato tomou o bastón de mando. Lamentamos fondamente que o goberno local non valore o necesario que é traballar dende, para e pola igualdade dende a corporación e agardamos que recapacite e poña a esta área no lugar que lle corresponde, pois é moito o contido que se lle pode dar tal e como víñase facendo co goberno de Ferrol en Común.