Ferrol, 25 de agosto de 2020

Ferrol en Común, xunto ca Presidenta da Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, Lorena Dapena Merlán, ven de presentar está mañá en rolda de prensa a súa moción para unha volta segura ás aulas que se debaterán no Pleno Ordinario de Agosto.

Ferrol en Común apoia e fai de transmisora das demandas da Confederación de Anpas Galegas en canto as súas demandas para á elaboración dun protocolo que garanta a seguridade dos nenos e nenas na volta aos centros educativos.

Tanto Suso Basterrechea coma Lorena Dapena Merlán, presidenta da Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, compartían a súa fonda preocupación pola incertidume e falta de previsión de cara ao inicio do curso. A presidenta da Feanpa calificaba o escenario educativo coma un “panorama incerto, inestable, mal organizado e sobretodo enormemente perigoso para as nosas fillas e fillos” polo que non ven aceptable a volta ás aulas nestas condicións.

A presencialidade nos centros educativos é unha condición básica para a volta ás escolas xa que é a única forma de garantir a igualdade, pero sempre e cando non se poña en risco a saúde tanto física coma emocional dos nenos e nenas.

Dado o desacordo existente nos sectores vinculados á educación coma son os mestres/as, profesores/as, anpas, alumnado, familias… con relación ao protocolo aprobado pola Xunta de Galicia para á volta ás aula, FeC presenta esta moción para instar á administración autonómica a sentarse a falar cos implicados directos e modificar unhas medidas que non convencen a ninguén e que non garanten a seguridade da comunidade educativa, ademais de demostrar unha e outra vez desorganización e improvisación en canto á aplicación dos protocolos.

Para finalizar, un aspecto importante que temos que ter en conta é que “o concello de Ferrol ten fortes compromisos en todo o que ten que ver con comedores ou actividades extraescolares” lembraba Basterrechea, polo que dende o municipal tamén se teñen que tomar decisións que deben mirar cara as propostas dos pais e nais que conforman as Anpas, ademais dos protocolos que aproben as administracións superiores.