Ferrol, 11 de setembro de 2020

Apoio aos mariscadores/as das Cofradías da Rías de Ferrol

A ría de Ferrol é sustento para moitas familias da nosa comarca e foi unha das que mais tivo que agardar para ver as súas augas limpas de vertidos. Ademais deste problema, case solucionado, os recheos que pechan a enseada da Malata ou cortan a ría coma nas Pías provocan barreiras á circulación da auga do mar, o que da lugar a degradación e perda da maior parte dos bancos marisqueiros da ría. A isto, hai que sumarlle o efecto do parásito “perkinsus olseni” que puxo a guinda á dramática situación que están a sufrir os traballadores e traballadoras das cofradías marisqueiras da Ría de Ferrol.

Na década dos 90 o banco marisqueiro de As Pías chegou a ser o mais importante de Galicia, no cal extraíase mais da carta parte da produción total galega de ameixa babosa. No día de hoxe, a produción atópase en mínimo históricos, non so de ameixa babosa se non de todos os moluscos que se recollen.

Por elo, as familias que viven do mar ven reducidos os seus ingresos o incluso teñen que suspender o seu traballo, mentres a solución que a Consellería do Mar propón é pechar os bancos marisqueiros e acollerse a axudas por cese de actividade, pero as condicións de ditas axudas non fan posible que poidan acollerse a elas.

Polo que as cofradías da Ría de Ferrol, e nos con elas, solicitamos un cambio das condicións desas axudas que permitan o sustento para todas as familias que viven da Ría namentres os bancos pesqueiros non melloran. Ademais, tamén é importante que se leve a cabo un estudio integral da ría para coñecer os problemas reais e poder dar unha solución eficaz que permita que as nosas augas retomen a súa vida.