Ferrol, 9 de outubro de 2020

Dentro do marco das xuntanzas que Ferrol en Común desenvolverá coa fin de presentar emendas aos orzamentos xerais do Estado; ven de reunirse cos membros do Comité de Empresa de Adif para recopilar información sobre o estado dos proxectos en materia ferroviaria tan prometidos por todos os gobernos e que nunca dan chegado.

A modernización da obsoleta rede ferroviaria de Galicia é un tema urxente e demandado por activa e por pasiva. Día tras día vemos como o mantemento das infraestruturas é nulo, a maquinaria é de terceira ou carta man, as frecuencias vense reducidas cando non eliminadas e así un gran número de incontables afeamentos que sufre o noso país en relación co transporte ferroviario.

Cando poñemos o foco na nosa comarca podemos afirmar categoricamente que padecemos un servizo deplorable, escaso, anticuado e inadecuado, onde por poñer un exemplo, tárdase máis de 7 horas en chegar a Madrid dende Ferrol cunha única frecuencia actualmente. Pero o máis preocupante para nós é a case hora e media que tárdase en percorrer os 55km que sepárannos de A Coruña a través dunha liña viaria do ano 1913 na que non se acomete ningunha obra de relevancia dende aquela.

Ferrol e A Coruña son dúas cidades que comparten grandes vínculos sociais, laborais e educativos, polo que estimamos unha prioridade que o nexo de unión entre ambas cidades non se reduza a un tren do século pasado e unha das autopistas máis caras de España.

O abandono das infraestruturas ferroviarias desta comarca está patente e así puidemos comprobalo na xuntanza que mantivemos no día de onte co Comité de Empresa de Adif á que acudimos para recoller información actualizada sobre o estado dos proxectos tan prometidos por gobernos de todas as cores pero que nunca execútanse, e esta vez, a escusa da pandemia parece que vai ser a xustificación elixida para seguir unha discriminación sistemática ao transporte ferroviario da zona do Eixo Atlántico.

Coma puidemos comprobar, o bypass de Betanzos segue en punto morto; a oferta de horarios das viaxes segue baixando; o mantemento das vías é inexistente causando numerosos incidentes que fan moi inseguras as viaxes; a externalización dos servizos é unha constante e segue faltando un gran número de persoal para que este servizo público sexa digno e de calidade para os máis de 600.000 veciños e veciñas da nosa contorna que poderían estar usando un tren adecuado as súas necesidades.

Dende Ferrol en Común consideramos inaceptable o desleixo que amosan as administracións públicas cara a nosa comarca, polo que seguiremos facendo fincapé en sacar adiante as promesas que un día fixeron e que non fan máis que reflectir o abandono institucional que sufrimos.

Dende fai anos, dende FeC, vimos reivindicando a mellora do noso ferrocarril pois dende o noso punto de vista e o punto de vista medioambiental é un dos transportes máis sostibles co que se pode avanzar cara unha comarca verde, ademais de ser un dos máis seguros. Consideramos de vital importancia o desenvolvemento dun servizo competitivo que favoreza a mobilidade de pasaxeiros e contribúa a desenvolver as potencialidades desta comarca e da nosa cidade tanto económicas, sociais e turísticas.

Por todo isto, unha das nosas prioridades é ser escoitados polo goberno de coalición actual, a través da presentación de emendas aos orzamentos xerais do Estado que se presentarán proximamente e onde deixaremos plasmada a nosa insistencia para que o goberno central mire dunha vez cara Galicia, cara a nosa comarca e cara a nosa cidade e invistan o que merecemos no transporte ferroviario, pois 107 anos de agarda xa nos parecen suficientes.

Imaxe da xuntanza do Comité de Empresa de Adif