Ferrol, 17 de outubro de 2020

Dende Ferrol en Común solicitamos a apertura inmediata do aparcadoiro de Canido, unha parcela que albergará a máis de 160 vehículos nunha zona na que abunda o tráfico pola proximidade aos Xulgados, ao Instituto de Canido, á zona centro da cidade e ao propio barrio de Canido. A obra xa está remata dende semanas e a recepción da mesma é un trámite sinxelo que non debería acarrear ningunha demora na súa apertura.

Doutra banda, demandámoslle ao goberno local que decídase dunha vez como vai reorganizar o tráfico para o acceso e saída ao aparcadoiro e que o manteña aberto ás 24 horas, pois non existen datos, informes ou estatísticas que avalen un peche do espazo por causas de vandalismo ou actitudes incívicas.

Dende Ferrol en Común consideramos que o peche do aparcadoiro resultaría unha incomodidade e molestia para os usuarios que terían que estar pendentes das horas de peche e apertura, acción que non está xustificada, como xa dicimos, por ningunha razón de peso.