Ferrol, 21 de outubro de 2020

A chegada real do saneamento a nosa cidade, en abril do 2017 e co goberno de FeC, deu lugar a unha recuperación progresiva das nosas augas que permitiu que a cidadanía volvera a desfrutar de praias pechadas ao baño coma Caranza ou A Cabana e comezara unha rexeneración da ría grazas a cal os mariscadores e mariscadoras viron mellorada a súa situación naquel momento.

Ninguén pon en dúbida que gozar dunha ría saneada é unha necesidade e un deber de calquera corporación que pase polo Concello, e así o amosou FeC no seu mandato facendo constar o seu compromiso co saneamento e avanzando nel coa sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia por 7 millóns de euros para levar a cabo a conexión da zona da Malata, obra que estase a acometer nestes momentos.

Sempre pensamos que apostar por unhas augas limpas debe estar en todas as axendas municipais e o saneamento do rural é unha necesidade que ten que abordar o goberno de Angel Mato, aínda que polo momento non vemos nin interese, nin ningún movemento cara que a zona rural de Ferrol teña os mesmos servizos que a zona urbana.

O saneamento é un servizo público dentro do ciclo da auga e coma tal ten asociada unha taxa para o seu correcto funcionamento. Ferrol en Común sempre preocupouse porque as condicións económicas da cidadanía non se viran afectadas por unha imposición fiscal abusiva e por iso levou ao Pleno da corporación ata en 6 ocasións diferentes propostas de taxa máis económica que a que existía con anterioridade, sendo estas rexeitadas pola oposición, incluso polo PSOE daquel momento. Os expedientes que avalan unha taxa máis económica, corroborada por enxeñeiros municipais e estudada pola empresa Audita, contratada para tal fin, seguen no negociado de facenda, agardando a que o goberno actual recupere unha proposta que resultaría moito máis económica que a taxa que actualmente estase a pagar.

Doutra banda, é certo que Emafesa é unha empresa pública, controlada xuridicamente polo Secretario Xeral do Concello de Ferrol e financieiramente pola Intervención Municipal, pero o aspecto técnico, segundo contemplan os seus estatutos, está en mans da parte privada que corresponde a SOCAMEX. Unha vez aclarado isto, é importante ter en conta que no noso mandato existía un equipo técnico formado por 2 enxeñeiros e a Intervención Municipal que controlaban cada recibo que a empresa EMAFESA xiraba á cidadanía polo cobro do saneamento; pois ben, en canto Angel Mato entrou pola porta do Pazo Municipal o equipo técnico desfíxose e a día de hoxe, o goberno de local da por boa calquera contía que a empresa EMAFESA pase ao cobro, sen ningún contraste nin control municipal. Dende Ferrol en Común non toleramos esta despreocupación que existe por parte do goberno en asuntos que atañen ao bolsillo dos ferroláns e ferrolás, polo que pedímoslle que recupere o equipo técnico para contrastar cada mínima contía que EMAFESA teña intención de cobrar.

Por último, FeC cre imprescindible a recuperación das relacións institucionais a todos os niveis, pero concretamente co Concello de Narón, xa que xudicializar a política, que parece que é o camiño que quere tomar Angel Mato, só pode levar a incertidumes e demoras no tempo. A vontade negociadora do Concello de Narón sempre foi inequívoca polo que dende FeC pensamos que debe optarse pola vía do diálogo para chegar a solucións de consenso onde os dous concellos atopen unha alternativa favorable para ambos, coma fixo este grupo no seu mandato no que o Concello de Narón sí pagaba as contías correspondentes.

Dende Ferrol en Común pensamos que en lugar de tanta disputa técnico-xurídico sobre se existe protocolo de execución concertada ou non, o debate debe centrarse nos tres aspectos aquí mencionados: unha aposta clara do goberno cara un saneamento total da Ría, aprobar unha taxa o máis económica posible para a cidadanía e proseguir co diálogo iniciado por FeC co Concello de Narón para chegar a solucións consensuadas.