Ferrol, 6 de novembro de 2020

No día de onte, o Concello de Ferrol fixo pública a (non) programación que levarase a cabo co motivo do 25N, día contra as violencias machistas. Sen sorpresas, seguindo a mesma liña á cal tennos acostumadas este goberno do PSOE, as actividades que se realizarán son mínimas.

As administracións teñen que cumprir o seu papel de respaldo, apoio, soporte e resposta ás mulleres vítimas de calquera violencia de xénero; así como tamén deben desenvolver o papel da educación, prevención, visibilidade e concienciación de toda a cidadanía, para abordar de fronte este gran problema estrutural que enquístase na nosa sociedade, tendo coma obxectivo crear unhas novas xeracións libres de machismo, e o 25N é unha data clave para difundir o NON á violencia machista, aínda que este goberno parece non entender a importancia desta cita.

Ferrol en Común é consciente das restricións impostas pola crise sanitaria que estamos a vivir e da dificultade que conleva a organización de actividades nestas circunstancias, pero tamén é consciente de como afectan esas limitacións ás vítimas de violencia de xénero, que quedan atrapadas nos seus fogares co agresor. Por ser coñecedores da lacra que supón para a nosa sociedade o machismo en tempos sen pandemia, non podemos nin imaxinar o que debe ser vivir esta dura realidade agravada polo confinamento, e por iso consideramos que este 25N debía ser potente e traballar máis que nunca, reiventándose se é preciso, para chegar a cada rincón da nosa cidade.

FeC coñece de primeira man a gran preocupación que ten o goberno de Mato pola pandemia, úsaa de excusa en moitas áreas coma esta para non facer nada, e por iso sorpréndenos, que tendo tan presente o virus da Covid-19 non foran quen de ter previsto uns actos e actividades compatibles coa situación sanitaria.

Estamos nunha era tecnolóxica na que temos a nosa disposición infinidade de medios que levan á maioría dos fogares información, coñecemento ou ocio, polo que non comprendemos porque o goberno de Mato non lles saca partido para realizar actividades polo 25N coma por exemplo a emisión dun documental con posterior foro-debate ou conferencia online dalgunha muller referente do feminismo.

Doutra banda, os colexios, institutos e universidades continúan coa súa aprendizaxe de xeito presencial, e precisamente é nestes colectivos onde fai falla facer a maior labor de prevención e concienciación; polo que Ferrol en Común non logra entender porque este goberno excluíunos totalmente do 25N: nin lles chegará ningún tipo de material, nin participarán en ningunha actividade. FeC considera un gran erro que o material non se reparta nos centros educativos, xa que non hai ningunha normativa que o catalogue coma risco, pois por esa regra de tres, tampouco poderíase repartir entre o funcionariado do Concello, a gran idea do goberno de Mato. Ademais, é unha nova decepción que non se leve a cabo ningún tipo de concienciación para o alumnado puidendo realizar charlas aula por aula ou conferencias previamente gravadas e postas aos alumnos durante todo o mes de novembro.

Por último, Ferrol en Común amosa o seu descontento ao coñecer que de novo este goberno descarta sumarse a campaña “En negro”, unha iniciativa que cada vez aglutina a máis concellos, asociacións e colectivos e que tingue de negro calquera cidade, con o sen pandemia, para amosar a terrorífica lacra que asasina a miles de mulleres cada ano. Pola contra, sí estiman oportuno unirse á campaña da Deputación da Coruña, o que demostra que todas as compañas son compatibles entre sí e que a decisión de sumarse a unhas ou a outras é política, e non da de igualdade precisamente.

A Concellería de Muller, aínda que o señor Mato así o considere, non é un área menor. É o primeiro punto de atención ás mulleres cando sofren calquera forma de violencia machista, é un espazo de acollemento, lecer e sororidade para todas as mulleres da nosa cidade e é de onde deben saír todas as políticas feministas de aplicación transversal para a transformación da sociedade. Datas coma o 25 de novembro son un bo momento para demostrar todo o que se pode facer dende esta área, o caso é ter vontade, ganas de traballar e crer verdadeiramente no que se está a facer. E polo momento, este Alcalde, suspende en feminismo.