Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común esixe a apertura inmediata do aparcadoiro de Canido

Publicada el noviembre 13, 2020

Ferrol, 13 de novembro de 2020

Fai un ano o goberno desta cidade votaba en contra da moción presentada por Ferrol en Común relativa á continuación da construción do aparcadoiro disuasorio de Canido. Malia non contar co seu apoio, a proposta saíu adiante e o goberno do PSOE rematou, xa fai algúns meses, este aparcadoiro, con algunhas modificacións sobre o proxecto inicial.

Por normal xeral, todos os gobernos de todas as cidades están desexando inaugurar as obras que realizan, consideramos dende Ferrol en Común, porque soen ser melloras para a cidadanía que en consecuencia aumentan a calidade de vida da veciñanza e amplían os servizos cos que conta a cidade. Pero o goberno de Ángel Mato debe ser a excepción á regra, pois neste ano e medio de mandato púxose o broche final a tres obras: a remodelación da Praza de Armas, que ata houbo que recoller sinaturas para a súa apertura; o Mercado de Caranza, que seguimos agardando a que os praceiros/as ocupen os seus postos; e o citado aparcadoiro no barrio de Canido, que continúa pechado sen existir ningunha razón de peso que o xustifique, por moito que o goberno local invente unha escusa diferente cada semana.

Somos conscientes de que xusto estes tres proxectos son froito do traballo do goberno anterior, e dende Ferrol en Común comezamos a pensar que ao mellor aí é onde reside o problema, pero entón nestes catro anos de goberno do PSOE o único que verá esta cidade serán vaias e pechamentos pois o aparcadoiro do CHUF, as beirarrúas de Pazos, a reurbanización das rúas Espartero, Carmen Curuxeiras e Basanta, a ampliación do vial do cemiterio de Serantes, rehabilitacións en Recimil… non verían nunca a luz por pertencer tamén ao mandado anterior.

Todos os proxectos citados responden a melloras para a cidadanía e iso é o que importa e o que calquera goberno ten que ter en conta, en vez de manter pechados espazos sen ningunha razón aparente. Mellorar a vida da xente, señor Mato, para iso está vostede aí.

Ferrol en Común xa demandou demasiadas veces a apertura inmediata do aparcadoiro de Canido, un espazo que albergará máis de 160 vehículos dando un servizo necesario a un barrio que está en crecemento e complementando un proceso de peonalización, que agardamos sexa cara onde avance esta cidade; pero non nos cansamos, agora o noso papel é defender os intereses da cidadanía dende a oposición e iso estamos a facer, polo que lle dicimos unha vez máis ao Señor Alcalde: abra o aparcadoiro de Canido de forma inmediata, non existe ningunha razón para mantelo pechado.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC presenta dúas mocións centradas na zona rural e unha terceira relativa á mocidade febrero 24, 2021
  • FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo febrero 20, 2021
  • FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante febrero 18, 2021
  • FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública febrero 9, 2021
  • Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia febrero 9, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información