Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común celebra a apertura do Mercado de Caranza

Publicada el noviembre 18, 2020

Ferrol, 18 de novembro de 2020

Ferrol en Común acaba de coñecer por terceiros, xa que a comunicación e a transparencia por parte do goberno local é nula, a inminente apertura do Mercado de Caranza. Un mercado demandado dende fai máis de 30 anos e que o goberno de Ferrol en Común foi quen de acometer as obras de reforma necesarias para converter este mercado nun espazo digno, amable e accesible para a venta de produtos de calidade e de proximidade, fomentando así o comercio local.

Dende Ferrol en Común queremos recoñecer a intensa loita que levaron a cabo os placeiros e placeiras de Caranza para que este novo mercado fora unha realidade; e outra batalla que nunca deberon librar, a de conseguir ocupar os seus postos en dita praza de abastos xa rematada dende fai meses. Ante isto, temos que afearlle ao goberno de Ángel Mato a tardanza en tomar unha decisión que poderían ter tomado dende o primeiro día, e que non é máis que o que propuxo este grupo municipal e o que demandaban os placeiros e placeiras.

Parece que darlle voltas e voltas a cada cousa é a dinámica habitual deste goberno, pois polo que podemos observar o aparcadoiro de Canido esta seguindo a mesma dinámica: un Alcalde que vai contra o que demanda o barrio e o que propón a oposición, levando cada decisión a diluírse no tempo mentres a veciñanza desespérase. Non hai que buscar fórmulas máxicas, soamente hai que escoitar aos cidadáns e cidadás e tentar de dar resposta as súas necesidades para mellorar a súa calidade de vida.

Coa aparente apertura do Mercado de Caranza e o reparto dos postos, que supón o desenrolo da actividade nunhas condicións adecuadas, ponse fin a outro proxecto realizado por Ferrol en Común que responde a demandas de barrio. Celebramos xunto cos placeiros e placeiras o inicio, aínda que bastante tardío, desta nova etapa nun novo Mercado tan ansíado, que Ferrol en Común, Jorge Suárez e María Fernández Lemos converteron en realidade.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC presenta dúas mocións centradas na zona rural e unha terceira relativa á mocidade febrero 24, 2021
  • FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo febrero 20, 2021
  • FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante febrero 18, 2021
  • FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública febrero 9, 2021
  • Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia febrero 9, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información