Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC demanda asegurar a correcta prestación do saf en ferrol

Publicada el noviembre 19, 2020

Ferrol, 19 de novembro de 2020

O servizo de axuda no fogar é unha prestación que ofrece o Concello de Ferrol para atender a persoas ou familias no seu propio domicilio, e que poidan precisar dunha axuda para o seu desenvolvemento persoal. Este servizo é un dos máis necesarios en todos os concellos pois a cobertura que ofrece mellora a calidade de vida dos/as usuarios, posibilita a permanencia nos seus fogares, favorece o desenvolvemento da súa autonomía persoal e sen supoñer unha barreira para o seu núcleo social e familiar. Todo isto, converte a este servizo nun dos contratos máis importantes do noso Concello, supoñendo un desembolso por parte das arcas municipais de ata 20 millóns de euros en 4 anos.

A nova lei de contratos veu a introducir algúns cambios que as administracións públicas deben de solventar do mellor xeito posible e sempre dentro da legalidade vixente, polo que, é sorprendente ver coma o goberno local intenta designar coma responsables deste contrato de axuda no fogar, a persoal técnico da área de benestar social, cando ese nomeamento extralimita as súas funcións, ademais de non poseer os coñecementos necesarios en materia de contratación, coma así o indica a natureza dos seus postos: son técnicos/as de servizos sociais.

As propias traballadoras, así o fixeron constar nun recurso interposto o pasado 2 de setembro, onde alegan non estar capacitadas para desenvolver esa responsabilidade, ademais de ser elas mesmas as designadas coma “unidade de seguimento do contrato”, función que sí entra dentro das súas tarefas e que debe exercerse con total independencia con respecto ao responsable do contrato, tal e como consta nas normas legais vixentes.

Hoxe, levouse a Comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Mocidade e Patrimonio Histórico, a proposta ao Pleno para desestimar este recurso interposto polas traballadoras afectadas da área de Benestar Social, sen aportar ningunha outra documentación máis que a propia proposta asinada unicamente pola Concelleira titular da área. Sen ter coñecemento do que estar a pasar, máis que existe un conflito entre traballadores/as e goberno municipal, Ferrol en Común, solicitou a retirada do punto da orde do día.

Dende Ferrol en Común consideramos que o goberno local non está a actuar dunha forma adecuada, cando as propias compañeiras de Benestar Social denuncian a non aceptación da responsabilidade que este goberno quere impoñerlles a toda costa, cando en calquera outra cidade a responsabilidade de calquera contrato non recae nos técnicos/as da área.

Ferrol en Común non vai a apoiar esta proposta do goberno local por considerala negativa para as traballadoras de Benestar Social, denuncia que elas mesmas están a facer. Agardamos que, cando o goberno de Mato quédese só coas súas propostas, sexa quen de mirar ás traballadoras e rectificar na súa intención de impoñerlles enriba responsabilidades que non lles corresponden. 

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC presenta dúas mocións centradas na zona rural e unha terceira relativa á mocidade febrero 24, 2021
  • FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo febrero 20, 2021
  • FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante febrero 18, 2021
  • FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública febrero 9, 2021
  • Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia febrero 9, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información